O equipo formou con Charly en porteria, Tono, Dani, Alvaro e Javi en defensa, Manuel, Monchito, Alfonso e Alex no centro do campo e en ataque Michel e Micho. Foi un partido con moito vento como ven sendo habitual ultimamente no Novo Zahorra, Sandá decideu subir ó centro do campo a Alvaro cando o equipo xogaba co aire a favor e manter o esquema 4-4-2 cando o equipo xogou en contra, con Micho botándo unha man no medio.
Tocoulle ó Santiso iniciar coa "suposta ventaxa" do vento e as cousas non puideron comenzar mellor, gol de Micho cando apenas ían 3 minutos de partido. Parece que o de Piñor colleu carrerilla nesta faceta.
Sen embargo, o Cruces comenzou a chegar con perigo e cando faltaba pouco para o descanso, conseguiu o gol do empate tras unha falta que Charly rexeitou e que ninguén da defensa puido despexar chegando o rematador do Cruces para facer o 1-1.
Mal pintaban as cousas despois do primeiro periodo, xa que a segunda parte ía ser contra o vento e con empate no marcador pero unha vez máis o Santiso conseguiu sair adiante ante a adversidade, así foi como Manuel conseguiu anotar un auténtico golazo enganchando un balón dende o vértice dereito da area que se coou por toda a escadra.
Tras isto, o Cruces non soubo asimilar o golpe e nunha xogada posterior quedaríase con dez homes tras as protestas dun xogador visitante; aprobeitando o desconcerto do Cruces o equipo seguiu ó seu e así tras unha magnifica xogada individual de Michel que nos recordou ó dos vellos tempos, levouse ó defensa por velocidade e cruzou o balón facendo inútil a estirada do porteiro visitante.
Tres a un e con un xogador máis, pero a U.D. tamén é capad do peor, e tras unha xogada enredada o Cruces reduciu distancias poñendo o 3 a 2 no marcador.
O equipo pontevedrés buscou o empate e subiu liñas o que supuxo que o Santiso conseguira enlazar contrataques; nun deles, Alfonso foi trabado cando se dispoñía a tirar dentro da area e o árbitro sinalou con bó criterio o punto de penalti. Tras ésta xogada o Cruces quedou con 9 polas protestas do central e Alex axustando o disparo ó poste conseguiu o definitivo 4 a 2. Quedou demostrado que o aire ás veces pode ser superado por ganas e ilusión.
Durante o encontro producironse os trocos de Moncho por Michel e de Jose por Javi, no que foi a décima victoria do equipo esta tempada. Xa só faltan dous partidos, o proximo fronte o Berres, xa sexa este fin de semana ou o para ó seguinte, seguro que intentarán devolvernos o 6 a 1 da ida, pero o equipo sairá dende logo a gañar como sempre.
Un saúdo e forza Santiso!!
Xa pensamos que se vos esquecera de comentar esta victoria tan importante eh!!!
ResponderEliminarParece ser que esta xornada non volvemos xogar, asique hai que ir a por todas a próxima xornada no partido fronte o Berres e deste xeito conseguir a 5º victoria consecutiva. Hay que facerlle unha chamadiña a Mister Chip (de Onda Cero) que ten as estadidísticas de todo haber se nos di canto tempo fai que non o conseguimos!!jejeje. Eu penso que o vamos joder, eh??jejeje.
Un saudo a todo o equipo e aficción desde León.
Monchito!!!
monchito paquete!!
ResponderEliminarhaber quen e o tontarran que puxo eso que poña o nombre ahí!!!!jejeje
ResponderEliminar