lunes, febrero 15, 2010

Non hai dous sin tres

O Santiso fixo bo o refrán e conseguiu a terceira victoria consecutiva en Silleda por cero goles a un. Gran actuación do equipo que consegue así unha racha de resultados ilusionante cara ó final de liga.
Unha vez máis o míster Sandá decideu plantexar o partido dunha forma novidosa e formou con un esquema 3-5-2; a alineación foi a composta por Charly en portería, Tono, Dani e Moncho en defensa, un tribote no centro do campo formado por Alvaro, Monchito e Manuel, con Sergio e Alex nos extremos e arriba Micho e Manolo.
O equipo comenzou ben dende o inicio con posesión de balón e boa precisión de pases, sen embargo, o único gol do encontro chegou tras unha falta botada por Monchito que Alvaro non consegue rematar pero tal circunstancia provoca que o porteiro local non consiga atallar o esférico e tras golpear no longueiro se convirta no cero a un. Falta facía que Monchito anotase por fin un gol xa que esta tempada non está a ter sorte cos paus, é sin dúbida ó lider neste apartado do Santiso.
Con ventaxa no marcador o equipo baixou un pouco o rendemento pero o Silleda só creaba perigo a través de faltas lonxanas.
Tras o descanso, o equipo dispuxo de máis claras ocasións para facer o segundo, Alex con un tiro lonxano, Manolo por partida doble e sobre todo Micho con un espectacular disparo que conseguiu despexar o porteiro local puideron modificar o resultado pero tocou sufrir ata o final para conseguir a victoria.
A nota negativa do encontro foi a expulsión que sufreu Sergio cando apenas faltaba un minuto para o final tras caer na provocación dun xogador local.
Os trocos do choque foron Javi por Dani e Michel por Manolo, ambos foron por problemas físicos, que agardemos non vaian a máis e non impidan xogar o próximo domingo ante o Cruces; un equipo que ven de golear ó Gresande por sete goles a cero.
Reseñar que con estes tres puntos o equipo consegue a cifra de 15 nesta segunda volta superando nun punto á colleitada na primeira. Ademáis, o “gol-average” global pasa a estar agora igualado con 31 goles a favor e 31 en contra.
Xa só quedan 3 xornadas polo que a afición debe aprobeitar para visitar o próximo domingo o Novo Zahorra ás 4.15 da tarde para ver como o seu equipo intenta conseguir a cuarta victoria consecutiva.
Un saúdo e forza Santiso!!

4 comentarios:

  1. Moi ben!!asi me gusta que se comencen a comentar os partidos o principio da semana para asi poder comentalos durante a mesma!!
    Hay que prepararse pa proxima xornada que o Cruces parece que esta bastante forte e se lles gañamos podemos ter a posibilidade de disputarlles o 5º posto. Tamen me sorprendeu esta xornado o empate do Piloño que se lle esta complicando o ascenso nos ultimos encontros.
    Haber se hay sorte e vos podedes recuperar os tocados: Dani, Agus, Manolo, José... para a proxima xornada poder estar atope. Podedes informar de como van as vosas lesions que estaremos o tanto.

    Un saudo a todo o equipo e a aficción do Santiso!

    Monchito!!!

    ResponderEliminar
  2. eu tamen tou de acordo co ke dixo monchito da cronica moi bn dani jej!!o domingo ai ke ganar como sexa,espero ke a aficion cunpra como tods os domingos ke a verda e ke temos unha aficion de 1 division,e asi tamen vedes a sergio recoyendo os balos o tar expulsado jajaj!!x certo ke tl a rodiya dani?1 saudo e AUPA SANTISO.Alex

    ResponderEliminar
  3. a ver si pa tempada seguinte subimos

    ResponderEliminar
  4. Anónimo4/3/10 12:50

    dixeronme ke este domingo non xogabamos contra o berres ke seika se aplaza podedelo confirmar?????un saudo e AUPA SANTISOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!alex

    ResponderEliminar