jueves, febrero 11, 2010

Santiso 4 - Prevediños 1

Aquí queda a crónica de Dani, que merece estar en primeira plana, ainda que él a engadira como comentario:

Boas!!
Por fin chegou a volta de Tono ó blog, esperabase dende fai tempo. A aportación de imaxes moi boa, como ben dis, hai que ver o como loce!!
Victoria contundente para o equipo que permite manter a sexta praza e coller algo de moral de cara ós últimos partidos de liga.
A alineación foi a composta por Charly na porteria, en defensa Javi, Alvaro, Monchito e Moncho (que volveu ó equipo tras a súa desproporcionada sanción de 3 partidos), Manuel, Alfonso, Agustín e Alex no medio e arriba a doble M, Micho e Michel. No segundo tempo entraron Manolo por Michel, Sergio por Manuel, Dani por Micho e Humberto por Agus (que tivo que retirarse tras recibir un golpe que esperemos non lle impida xogar o proximo domingo en Silleda).
Os goles repartironse a pares en cada período, no primeiro anotaron Michel e Micho, que logrou así o tan ansiado primeiro gol da tempada que xa se merecía xornadas atrás. O prevediños conseguiu reducir distancias pero tras unha magnifica xogada, o equipo facía o terceiro; gran pase ó oco de Micho a Alex que fai o pase da morte para que Sergio remache no segundo pau, golazo. O cuarto non se fixo agardar e chegou por medio de Manolo tras rematar unha falta.
Agora a pensar no Silleda o proximo domingo e intentar devolverlles o 1 a 2 do partido da primeira volta. Esperemos que Tono volva tamén ó terreo de xogo este fin de semana.
Un saúdo e forza santiso!!

2 comentarios:

  1. Bravo pola volta de Tono ó blog, bravo polas fotografías e bravo pola contundente victoria do Santiso!! Aínda que non se desplegara un xogo moi vistoso, penso que o equipo estivo un escalón por riba do Prevediños, sobre todo en físico. En canto ó golpe do que fala Dani, traduciuse nunha escordadura de nocello que me impedirá xogar algúns partidos. Unha pena, porque tiña especial interés en devolverlle o 1-2 da ida ó Silleda... así que espero que fagades o propio con eles e que os machaquedes!! Aupa Santiso!!

    ResponderEliminar
  2. Vaia!, non estamos tendo moita sorte coas lesións de un tempo a esta parte. Para os que non o saiban, José tamén está de baixa por un golpe no xeonllo, causado por unha entrada a destempo do porteiro do Balouta. Eu probarei esta noite a ver como vai a cousa, e agora cae tamén Agus. Desexando unha pronta recuperación a todos, esperemos que con baixas ou sen elas, como di Agus, sexamos quen de devolverlles, cando menos, o resultado da ida ó Silleda.

    ResponderEliminar