miércoles, febrero 10, 2010

Fotos Santiso 4 - Prevediños 1. 07-Feb-2010

Como xa saberedes algúns, ando medio renqueante do abductor dereito, así que este fin de semana, como non podía xogar, aproveitei para cumprir con outros compromisos.
Sen embargo, aquí vos deixo (por xentileza de miña irmá Vanessa), algunhas fotos que fixo durante o partido.
Como loce o Novo Zahorra, hai que ver!!!!

3 comentarios:

  1. Moi boa a reportaxe, hay que facer mais destas a mais a miudo!!!
    un saudo a todo o equipo do Santiso e a sua afición!!!

    ResponderEliminar
  2. Boas!!
    Por fin chegou a volta de Tono ó blog, esperabase dende fai tempo. A aportación de imaxes moi boa, como ben dis, hai que ver o como loce!!
    Victoria contundente para o equipo que permite manter a sexta praza e coller algo de moral de cara ós últimos partidos de liga.
    A alineación foi a composta por Charly na porteria, en defensa Javi, Alvaro, Monchito e Moncho (que volveu ó equipo tras a súa desproporcionada sanción de 3 partidos), Manuel, Alfonso, Agustín e Alex no medio e arriba a doble M, Micho e Michel. No segundo tempo entraron Manolo por Michel, Sergio por Manuel, Dani por Micho e Humberto por Agus (que tivo que retirarse tras recibir un golpe que esperemos non lle impida xogar o proximo domingo en Silleda).
    Os goles repartironse a pares en cada período, no primeiro anotaron Michel e Micho, que logrou así o tan ansiado primeiro gol da tempada que xa se merecía xornadas atrás. O prevediños conseguiu reducir distancias pero tras unha magnifica xogada, o equipo facía o terceiro; gran pase ó oco de Micho a Alex que fai o pase da morte para que Sergio remache no segundo pau, golazo. O cuarto non se fixo agardar e chegou por medio de Manolo tras rematar unha falta.
    Agora a pensar no Silleda o proximo domingo e intentar devolverlles o 1 a 2 do partido da primeira volta. Esperemos que Tono volva tamén ó terreo de xogo este fin de semana.
    Un saúdo e forza santiso!!

    ResponderEliminar
  3. tono por fin volves a carga non e sin tempo, esta semana ides a ter sorte vai a ir Sanda correr con vos. Tanen vos prometin que se non melloravades as segundas partes ivades correr mais .(o prometido e deuda).Espero que Sanda vos deña caña .jejeje................

    ResponderEliminar