miércoles, abril 18, 2007

¿25 Aniversario?


Como moitos saberedes, fai poucos días Nani celebrou o 10 aniversario a fronte do pub gatos (tedes o enlace á marxe e tamén no blog de riki). Tamén sabedes que Nani é desde hai moito tempo (creo que me dixo que empezara no 86 ou por aí...) xogador do noso equipo (agora na categoría de veteranos). De feito podedes velo na foto anterior ("recuerdos del pelo corto"). Moitos recordarédolo, coma min, pegado á banda da antiga entrada do Zahorra Stadium, levantando a man, o brazo e todo o que podía, ata que Charly o vía (e a xogada acostumaba a acabar ben cando así era).

Bueno, pois o outro día o propio Nani, púxome a mosca tras da orella o decirme que cría que este ano se cumpría o 25 aniversario da fundación da nosa querida UD, e que sendo así, habería que facer algo para celebralo. Xa temos algunhas ideas, pero imos falar antes con Fernando para que nos confirme este dato e para ver se ten algún material que poida aportar. Seguiremos informando...

18 comentarios:

  1. ¿Ideas para celebrar os 25 anos do Santiso? Ummmm... poñeremos a cabeza a rular...

    ResponderEliminar
  2. POIS SI ESTA FOI A TEMPADA DO 25 ANIVERARIO, PERO COMO BEN SABES TONO AS PENURIAS ECONÓMICAS QUE ESTAMOS A PASAR IMPEDIRON FACER UNHA CELEBRACIÓN COMO MERECE ESTA U.D. QUE PESE A TODO SIGUE ADIANTE.

    TEMOS QUE LOITAR PARA QUE SE NOS FAGA O CAMPO, CANTOS MÁIS MELLOR TODOS XUNTOS TEMOS QUE PRESIONAR Ó TODO PODEROSO ALCALDE DE SANTISO QUE DIXO FAI POUCO: "ESO XA SE VERÁ, DE MOMENTO É ALJO SECUNDARIO", NON PODE SER QUE UN CAMPO CONCEDIDO QUEDE EN NADA SO POR O CAPRICHO DUN ALCALDE QUE SO PENSA EN TER A POBOACIÓN SANEADA O RESTO É SECUNDARIO, POR FAVOR...

    SE ESTO SE CONSIGUE SEGURO QUE SE FARÁ TODO O POSIBLE POR FACER UNHA CELEBRACIÓN POR TODO O ALTO, A DIRECTIVA TEN XA ALGUNHAS IDEAS E XA ESTÁ A FACER XESTIÓNS PERO SE O CAMPO NON SE FAI COMPLICA ALGO AS COUSAS, UN SAUDO
    MANUEL

    ResponderEliminar
  3. Colega!:
    Non vou ser eu quen defenda ao "todopoderoso alcalde de Santiso" pero o que non podo permitir e que, por falla de informaciòn, se falte á verdade.
    Así que:
    A.- O campo està aprobado, campo de herba artificial (similar ao de Melide), dende hai bastante tempo, por un importe que sobrepasa os 300.000 €, e ten que estar rematado antes de fin deste ano.
    b.- O proxecto, como todo, para ben e para mal, parteu do alcalde. O resto só lles quedou votar a favor ou en contra. Por certo, aprobouse sen nengùn voto en contra.

    Esto estao dicindo un que non se pode dicir que sexa "pelotas" do alcalde; agora ben, os tiros mal botados rebotan e volvense cara a un. Non quero que che pase a ti, nen a ninguèn
    Grazas, e boa campaña!!.

    ResponderEliminar
  4. POIS A VER SE E VERDADE A VEN A COMPO PRONTO
    QUE O MERECEN

    ResponderEliminar
  5. POIS A VER SE E VERDADE A VEN A COMPO PRONTO
    QUE O MERECEN

    ResponderEliminar
  6. POIS A VER SE E VERDADE A VEN A COMPO PRONTO
    QUE O MERECEN

    ResponderEliminar
  7. Anónimo3/5/07 18:07

    Respondendo ó comentario feito o día 27 feito por un anónimo quero dicir que tampouco podo permitir que se falte a verdade. Non sei quen está mal informado ou se so realmente non se entendeu o que quixen dicir.

    É verdade que está concedido “ colega!”(non sei o teu nome, eu si deixei o meu), e si dende fai tempo, case 5 meses se me descuido, e si sobrepasa os 300.000 euros. Pero se te parases a ler as bases da Deputación sobre este tema verías que sí, o campo entre outros municipios foi concedido o noso concello, eu nunca dixen o contrario, pero nesas bases tamén pon claramente que a Deputación non se fará cargo das obras ata que o concello non presente un proxecto do peche perimetral do campo e simultaneamente ou posteriormente as obras de construcción do campo, correr con eses gastos do peche, é o único requisito que pon a Deputación para a construcción do campo. Pero creo que hai xente que está menos informada ca min, porque a día de hoxe, tal proxecto non chegou a Deputación, e unha vez máis os tiros poden seguir rebotando (espero que non, pero nunca se sabe), asíque o mellor é andar listos e que como ti dixeche non nos pillen a ninguén, ainda que particularmente non me guste esa expresión porque me parece algo agresiva, pero gracias por por facer o comentario porque axuda a que a xente se vaia informando das cousas, que baixo a miña opinión creo que deberían ser expostas a todo o mundo doutra maneira.

    Eu o único que pedía era que se axilizaran estes trámites que quedaban, máis nada.

    Agradezoche que se sabes máis sobre o tema que o fagas público, porque é algo que nos importa a todos aqueles que amamos o deporte en Santiso.

    Gracias
    Manuel

    ResponderEliminar
  8. Anónimo3/5/07 22:12

    Ah!!, logo eso de que o alcalde dixo "eso xa se verá, de momento é ALJO secundario"...¿de onde o quitaches?.¿Cales son esas xestións que se están facendo?, ¿acaso alguén, sen se-lo concello, vai pagar ese "peche perimetral"?."Colega", se tan informado`parece estás agora,¿cómo non o estabas tanto o 23 de Abril, que mandaches o primeiro comentario?.Non será que ese amor tan grande que polo deporte de Santiso profesas é máis pequecho que o que profesas pola política.
    Oes, que políticos tamén fan falla... pero que cambien as maneiriñas de actuar!!.
    Mira, non vou seguir sendo eu quen defenda a D. Ramón Villar, nen quen escomenze unha discusiòn tonta nunha páxina que, creo, non foi feita para esto pero, para que che quede clariño, para min O PP E O PSOE A MESMA MERDA É!!!. E máis, como escomencedes a mezclar a política con cousas como o equipo de fútbol, mal rollo!!!.

    ResponderEliminar
  9. Anónimo9/5/07 14:07

    DOUCHE A RAZÓN NALGO ESTA PAXINA NON FOI CREADA PARA FALAR DOUTRA COUSA QUE NON SEXA DEPORTE, O CAMPO E PARTE DO SANTISO E EU REPITO SO PIDO QUE SE FAGA E NON QUEDE EN NADA O DEMÁIS POUCO ME PREOCUPA AGORA BEN ESAS PALABRAS MENCIONADAS FORON ESCOITADAS POR MÁIS PERSOAS CA MIN ASIQUE QUE PODERÁN DICIR SE É CERTO ASÍQUE ESQUECER A DISCURSIÓN QUE TAMÉN ME PARECE TONTA SÍ PERO NON O CAMPO.AS XESTIÓNS SON PARA A CELEBRACIÓN DO 25 ANIVERSARIO, NADA DE POLÍTICA COMO TI ENTENDICHE

    ResponderEliminar
  10. Que quede, logo, a cousa así...

    ResponderEliminar
  11. ...mais, xa me gustaría saber quenes oiron esas palabras. Xa sei que eso non me vai tocar, pero... tampouco me toca a lotería!!!

    ResponderEliminar
  12. que se sabe por santiso da fundación do atlético melide???

    ResponderEliminar
  13. sabese que e un clube millonario
    ABRAMOVICK esta detras

    ResponderEliminar
  14. Pues se sabe q va ser el Santiso al completo. algunos dicen q es para poder jugar en el campo del cire, cansados de las promesas del ayto de arreglar el campo de santiso

    ResponderEliminar
  15. forza SANTISO xuvenis que estades na final da copa do sar GRACIAS XULIO GRACIAS PEPE E GRACIAS A TODOS OS RAPACES DO SANTISO

    FORZA TAMEN ATLETICO MELIDE sequide a facer o bo traballo que fixestes aqui e espero que teñades mais apoio

    ResponderEliminar
  16. Anónimo3/9/07 10:52

    kawuen dios xa vos e oras de renovar esto digo eu

    ResponderEliminar
  17. e logo os do santiso morrestes, ¿ou?

    ResponderEliminar