lunes, abril 02, 2007

Xuvenís


Santiso de xuvenís 06/07 (podedes ver e baixar a foto pinchando sobre ela):
De pé, de esquerda a dereita: Pepe (adestrador), Pardo, Arango, Dani (cebolo), Pablo, Rafa, Sergi, Susín, Agustín, Julio (adestrador).
Agachados, de esquerda a dereita: Damián, Rafa, Vacenas, Raul, Javi, Bruno, Quique e Tomás.

Como ben saberedes algúns, ando un pouco tocado dun pé dende o partido do Balouta. Aproveitei o obrigado parón para animar ó Santiso e mesmo convencer a algúns para que me acompañasen e desprazarnos como afección visitante a algún campo. Houbo que recurrir a técnicas subversivas como as de "veña oh!!, que nos campos sempre hai taberna" ou "mira que diaza para pasar a resaca ó sol"... Con todo, aparecemos en campos como o de Gresande Javi, Jorge (Pájaro), Nacho, Mauro ("animador sociocultural" do veciño Toques) e máis xente.

Sin embargo tamén tiven tempo para ir ver os xuvenís no amistoso que disputaron contra o Cire, e ver de paso a pinta do novo e flamante campo dos nosos veciños. Os rapaces fixeron unha temporada magnífica, quedando a só 2 puntos de xogar a liguiña de ascenso, e mesmo gañando o campeón na última xornada, disputada este fin de semana (o que facía que se mantivesen as esperanzas ata o último momento). Pois aquí deixo a instantánea previa a disputa dese partido, que, por certo, gañaron por 5 goles a 2 como se recolle no blog do cire.

Non sei cantos destes rapaces rematan este ano cos xuvenís, nin cantos teñen pensado seguir no Santiso. Algúns como Susín, Arango, Bruno ou Rafa (seguro que máis pero non me acordo de todos) xa deron mostras da súa valía nalgúns partidos co primeiro equipo. Anímovos aos que queirades a deixar aquí as novas que consideredes.

2 comentarios:

  1. os que suben son dany(cebolo),pardo,rafa e pablo que me acorde!!e boa falta bos fai un pouco de sangre nova os maiores polo q se oe por ai!a vivir....!

    ResponderEliminar
  2. entonces pardo e rafa donde xogan agora?

    ResponderEliminar