martes, septiembre 30, 2008

E, con todo, ..... seguimos vivos!!!

Santiso is living a celebration
Frase do noso amigo Máximo Javi, que ben merece inaugurar unha nova tempada. A idea non era deixar esto colgado todo este tempo, pero... que vos vou contar.... O caso é que aquí estamos de volta.
Pois nada amigos. Que xa empezou a liga, e, como sabedes, 2 de 2; vamos... mellor imposible, 6 puntos "pa la saca" e un arranque como xa facía tempo que non se recordaba. Ademáis con mérito, pois, se o primeiro partido era un dos marcados como "os que hai que gañar" (sen que se me enfaden os do Prevediños) o segundo visitabamos a un Piloño, que sempre nos puxo as cousas difíciles. 1-0 ó Prevediños, con gol de José e 3-1 ó Piloño (no campo das cruces) e con Alberto Cordido (pt.), Manolo e Manuel como artilleiros, desta volta.
Polo medio quedan os campionatos de fútbol 7 (Arzúa, Muimenta e Melide), uns con máis acerto que outros, e a sorpresa de inicio de tempada: xogamos como local no campo de Golada. Exilio debido a que.... ¿IMOS TER CAMPO NOVO?. Polo de agora, o único seguro é que no vello non hai xa luz nin auga (de xeito que os adestramentos do venres trasládanse ó pabellón da Ponte e as sempre lexendarias costas da parcelaria da cornella (por aquelo da carreira contínua suave). Pero, quen sabe, igual desta vai. Polo de pronto, buscando, buscando atopei isto:

http://www.dicoruna.es/bop/2008/09/03/08-10546-0.htm

Aí o tedes. Eu, como xa estou curado de espantos, fágome do club de Sto. Tomás e creereino cando o vexa (a ver se fora antes de que me retire oh!!!).

Ah! e, para acabar, teño que facer dúas reseñas obligatorias:

A primeira soa ó tópico de sempre, pero os que estivestes nas Cruces o domingo, saberedes que non o digo por cumplir.... vaia pasada o do público. Cada vez sodes máis. O do domingo foi algo que eu, despois duns cantos aniños no Santiso, non acordaba (dou fe): en campo visitante eramos maioría: máis ruidosos, máis animados, .... Gracias por ese apoio.

E a segunda, seguro que algúns xa podedes imaxinar: o domingo, cando o Milán xogaba o clásico co Inter as radios berraban ós catro ventos a resurreción de Ronaldinho tras o bo gol que fixo a centro medido de Kaká. Non sabemos o que lle durará ó astro brasileiro, pero do que estamos seguros e de que ese mesmo domingo recuperamos o outro Ronaldiño para o Santiso. Co seu gol resolveu o partido cando máis complicado estaba, e o que é un millón de veces máis importante, fíxonos pensar a moitos dos que alí estabamos canto o temos botado de menos estes meses(e non só polo xogo que da dentro do campo). Así é que a amarilla da celebración.... vaia se valeu a pena!!!.

Ah....! O seguinte momento que encontre.... novidades de altas, baixas, actualización da táboa de goleadores e outras historias. Seguide por aí!

Obrigado!

3 comentarios:

  1. ese santiso!!!eses espectaculos de josé e javi sin camiseta. este ano vésevos moito mellor. ánimo.

    ResponderEliminar
  2. ola!!!

    sois lo mejores que ai n este mundo. y seguide asi que chegaredes lonxe.jeje.
    pasadeo ben e non vos manquedes.
    :-)

    bicos.

    ResponderEliminar
  3. o gol da honra contra o vilatuxe foi de alex.e os dous que faltan contra o prevediños un foi de alex e o outro de alberto de barazon.e o gol da honra contra o golada foi de monchito.contra o balouta marcou dous alfonso e un manolo.o gol do empate contra o camporrapado foi de fran.un saudo de alex e aupa santiso

    ResponderEliminar