lunes, septiembre 24, 2007

Xornada 1

Rodeiro 2 - Santiso 1.

Drenthe amigo!!!! Tivéchela no minuto 90!

Amistosos de verán: Santiso 0 - Toques 2 e Toques 2 - Santiso 3.

Sobre o culebrón futbolístico do verán no comments (Canto se fala por non estar calado)!

Altas: Agustín

Baixas: José (panadeiro) e Esteban

Mención especial para a hinchada: os tres do pack de estrella (e algúns que se lles unen de cando en vez), que están a converterse nos incondicionais dos que xa non quedaban neste equipo.


Agradecemento especial, en nome de todo o equipo, a todas as persoas que co seu carné de socio nos axudan a sufragar os gastos que un equipo federado conleva (comenzando polas fichas dos xogadores e as arbitraxes). E, por suposto, o noso novo patrocinador que, como mínimo, merece unha mención aparte. Creo que as novas equipaxes están a chegar; esta vez ademais cos colores históricos do equipo según me dixeron. En canto cheguen teredes boa nova delas e de quen as fixo posible.

Desculpas polo temporal estado de abandono deste sitio. Moito choveu desde a última vez: outra cidade, outro traballo, outro ritmo... Con todo, e xa que algún o preguntaba, non morremos, nin nos cambiamos de nome (nin siquiera pa ligar, como dixo aquel que moitos sabedes). Sacaremos tempo para que a cousa non decaia.

Un ano máis (e van 26, que non é palla!)... Ala Santiso!!!


3 comentarios:

  1. Ole, ole y ole!!
    Polo retorno do cronista máis pavero e tecnicista; pola nova etapa do Santiso que a moitos nos ilusiona (somos máis Santiso ca nunca, forza); pola chegada desas camisetas que agardamos coma auga de maio, e porque este blog nos volva dar luns -... ou martes, ou miércoles- de bos momentos e risas.
    Forza Santiso, e benchegado, Tono!

    ResponderEliminar
  2. Q ben q estades de volta, moita sorte na liga q acaba de empezar, seguro q os irá moi ben. saudos

    ResponderEliminar
  3. Gracias ós dous.
    E sorte tamén para os amigos do Toques. Disfrutade dese campazo, que da gusto xogar nel. A ver se alguén se da por enterado e fai que o Zahorra Stadium se pareza un pouquiño maís a un campo de fútbol e menos a unha pista da parcelaria...

    ResponderEliminar