lunes, marzo 12, 2007

Xornada 23

Problemas do equipo de redacción (traducidas básicamente nalgunha lesión arrastrada do partido fronte o Balouta) para desplazarse ó encontro que o Santiso xogou como visitante no campo do Silleda B. As noticias que chegaron foron que se conseguiu o terceiro empate consecutivo, esta vez a uns, noutro campo recién estreado de herba artificial (a ver se o noso é tamén realidade pronto). Tamén se oiu que mereceu máis o Santiso e que nada se pode reprochar esta vez as ganas que se puxeron sobre o campo.

O gol conseguiuno Dani, que xa leva un par xogando de central, así que ímos facer unha mención especial para él xa que algunha outra vez (penso no partido de ida co Sporting Estrada) tiña máis que merecida a categoría de xogador estrela.

Anecdotario
Parece que a este desplazamento sumouse o equipo directivo ó completo. Dise por ahí, que o noso presi Fernando é todo serenidade no palco visitante (se o houbera), que non se inmuta ante os goles do Santiso nin os fallos do trencilla ó que sempre anima e comprende. Impertérrito, observa o xogo dos seus pupilos sen mediar palabra... Bromas aparte, animámolo a que nos siga acompañando e animando con tanta forza ou máis que ata o de agora.

1 comentario:

  1. Menos mal! Que sirva de precedente, por favor! Xa era hora de que a directiva estivese ás duras e ás maduras. Vaia dende aquí un "ole!" para que non se quede nunha visita esporádica, e que o Santiso colla pulo de verdá

    ResponderEliminar