viernes, febrero 23, 2007

Xornada 21

A crónica
Empate sin goles no campo do Bandeira que deixou máis sensación de victoria que de derrota por varios motivos: o primeiro é que, como saberedes, esta tempada non está sendo demasiado productiva en resultados, de xeito que calquera punto conseguido ten mellor sabor, máis aínda se permite subir algún posto na clasificación, aínda que so sexa anécdótico (neste caso menos porque adiantamos ó Golada e a rivalidade local sempre está presente). O segundo motivo é que hai que decir, en honor á verdade, que se alguén mereceu gañar o partido o domingo foi o equipo local. Pero así como outras veces fixemos méritos e ocasións máis que dabondo para gañar e perdemos, o domingo tocou a de cal e trouxemos un puntiño.

Empezou o partido cun penalti tan xusto como involuntario que o Bandeira lanzou á cepa do ferro e discorreu con ocasións para os dous equipos, quizais máis destacadas para os locais, como a fermosa vaselina que mandaron ó longueiro superando a Charly e cando xa se cantaba o gol.

Así as cousas, e cun árbitro que pitou máis foras de xogo que todos os restantes árbitros xuntos da tempada (hai que decir que acertados na súa maioría, o raro é que cada árbitro pita totalmente distinto) nadie foi capaz de facer un gol. Axudou tamén que o colexiado non dese unha pena máxima para o Bandeira, co partido prácticamente rematado, desas que acostuman a pitarselle ós equipos locais máis que ós visitantes, un pouco esaxerada, todo hai que dicilo, polo dianteiro rival.

Xogador estrela
Esta xornada imos repartir ó título honorífico (ou a nota mental positiva, que diría o amigo José Salgado Bande) entre Dani e Charly. Entre os dous, foron un muro que tiveron casi toda a culpa de que a porta do Santiso quedase a cero. Dani sacou todo por alto e mesmo cortou unha xogada na que o xogador rival xa tiña a perna armada para o tiro ó mais puro estilo Cannavaro, cando Cannavaro era Cannavaro. Charly tivo algunha parada que recordou ó mellor Casillas en tiros a bocaxarro.

Anecdotario
Ronaldiño de VILAR, asiduo a esta sección estivo mareando ó árbitro, como de costume, indicado que xogadores "estaban apercibidos" e cales non. Creo que foi tamén un dos compoñentes fundadores do grupo "Los Manolos" que queda oficialmente instaurado no equipo para actuacións en vestiarios, propios e alleos, tra-los partidos.

Rematou o entroido amigos, e o pobre ten que cargar coas culpas de que o sábado se visen entre a plantilla do Santiso toureiros (¿matadores?), varias Pipi Calzaslargas, féminas de todo tipo... en fin, mellor non entrar en detalles. Por se fora pouco o domingo máis dun encontrou a excusa perfecta para acudir ó partido cunhas espectaculares uñas de colores (seica non houbo tempo, nin quitaesmalte...., quen sabe...!

Por certo, os asiduos ós almorzos no vestiario local ou nos desplazamentos, non fan oídos sordos dos consellos que predican vida sana e cada vez fan almorzos máis nutritivos: os plátanos, e froitas varias temos que engadir agora os bricks de Zumosol que, polo visto, fan milagros contra o garrafón da madrugada.

1 comentario:

  1. Anónimo1/3/07 10:06

    Uuuuuui... como se están poñendo as cousiñas no futebol! En Sevilla choven pedras! Menos mal que no Zahorra Stadium a afección é moito máis fiel, respectuosa e civilizada. Por certo, corren rumores de que o último partido na casa tivo unha entrada de público moooi aceptable! Está moi ben eso de arroupar ao equipo... lástima que non saibamos nada desa crónica sempre prometida que se fai de rogar.

    ResponderEliminar