miércoles, diciembre 20, 2006

14ª Xornada

A crónica
Aquí estamos de novo. Imos empezar por agradecer a todos os que vos pasades por aquí a paciencia (xa andades mal do corazón e quérovos matar...) que gastades cada vez que entrades e vedes o mismo de sempre. Vamos ver se lle poñemos remedio e lle damos un pouco de brío a esto. Se aínda andades por aí é que sodes fieis de verdade. Imos aló:

Comenzaba a segunda volta na Golada (ou Agolada como se di agora) e comenzaba exactamente igual a como acababa a primeira: con derrota pola mínima en campo visitante. Un a cero. Marcaron os do outro lado do Ulla na primeira metade dun aburrido partido que se disputou a fría tarde do domingo. E xa non houbo máis nada: nin ocasións, nin goles nin nada de nada.

Cada vez que marchamos a un partido sempre digo que o que vale é non se mancar e ter os pés quentes: pois o domingo nin unha cousa nin a outra. Por encima do frío houbo que lamentar as lesións de Joserra (que foi sustituído por Javier Ministro) e Sandá, que xa non puido ser cambiado ó ter Míchel feitos todos os cambios posibles, de forma que xogamos os últimos minutos con 10 xogadores.

Xogador estrela
É difícil destacar a alguén en partidos como o do outro día. Por falar de alguén, diremos que Sandá fixo algunha internada perigosa pola banda esquerda e soubo adaptarse ó cambio de posición cando Míchel o baixou ó lateral. Tamén se incorporou ben ó ataque e mesmo tivo nas súas botas a oportunidade do empate nunha bolea que saiu por encima da portería local xa ben avanzada a segunda metade (un dos poucos achegamentos do Santiso á portería rival).

Anecdotario
Non se queixarán os goladenses (¿dise goladense?) da clase de veciños que somos. Para empezar celebramos a cea de nadal na parrillada que leva o nome da vila, rexida polo noso amigo David (a parrillada non a vila, que se saiba...). Ademáis, e non quero ser recurrente, pero sei que se non fago mención alguén se me adiantará, coméntase por aí que un dos seus establecementos maís afamados, sito a este lado da ribeira do Arnego ten como clientes VIP a moitos santisentes. Pero por se esto fora pouco dúas das tres victorias que figuran no casilleiro do Golada son as correspondentes ós enfrontamentos co Santiso. A tempada que ven esperamos correxir as estadísticas no que os derbys locais se refire.

Bombas de palenque, foguetes de festa... queremos supoñer que tiñan que ver coa reinauguración do campo e non coa mínima victoria (que tamén axudaría). Se curioso é o terreo de xogo do Zahorra Stadium, o único campo azul do mundo quizais, non era menos curioso ver como se pode festexar con bombas a inauguración dun campo que tiña mais regos e lama que a maioría das leiras de meu avó despois de quince días de trebóns e xeada. Como escoite este fin de semana a algún de primeira división queixarse do estado do terreo de xogo arrebólolle o mando á televisión.

6 comentarios:

  1. Ja,ja, ja!!!
    Cada día as túas crónicas son máis brillantes. Arriba Santiso, aínda que os rivais nos reciban con foguetes en contra!!
    Gracias pola crónica, que nos alegra a navegación por interntet.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Hai outro campo cerca da Coruña, que tamén podería chamarse "Municipal Leonardo Miguelez" xa que está totalmente asfaltado e aínda por riba costa abaixo, é o do Sigrás en Cambre.
    Ö lado esta o laboratorio-fábrica de Magno, non do coñá, senón das pastillas de xabón nejras que dan espuma blanca jajaj
    Ë se cando vides de Santiso parades no campo do cire hoxendía veríadelo totalmente asfaltado para a celebración dunha gimkana ó mais puro estilo campo da feira.
    A ver si lle poñen a herbabuena xa dunha ves. jejje
    VEña un saúdo tono e parroquia
    cuidenseme e Feliz Solsticio de Inverno

    ResponderEliminar
  3. Heyyyy!!!
    Q Rixar Geeere, como non xogaxes é fácil dicir que non houbo +q frío pero é mentira, os goladinos, goladenses ou como se chamen, so saben dar leña e...
    eno deixamolo así.
    EÑA SIGUE CON ESTO QUE XE TA A QUEDAR MU MONITO.
    kUIDATE RICHAR GERE

    ResponderEliminar
  4. Boas, So decir que o campo do cire esta esta semana a mudar de cor e deixa o azul asfalto polo verde de herba sintetica. Un saudo e a empezar unha racha de victorias que non se diga. Animo Santiso.
    Un saudo e Forza Cire

    ResponderEliminar
  5. ves moitas peliculas de ciencia ficcion

    ResponderEliminar
  6. Mira que xa che levo andado ven polos campiños do norte do país, pero campos asfaltados e en costa aínda non tiña oído de ningún. Ten que ser ben curioso. Nós tamén estabamos pensando en algo así como "Municipal Chofricas", o que pasa é que, a diferencia das pistas, o campo non o bachean nin lle botan outra capa de gravilla cando se aproximan as eleccións. Sin embargo creo que hai novedades. ¿Campo novo....?. Estade atentos.

    Oes riki, non caera eu no do xabón, pero tes razón que é ben curioso oh!. Mira que miña nai ten feito palés de xabón de sosa pero aínda non dou coa receta máxica esa: o xabón é gris e a escuma é gris igualiño.

    Díxome Richard Gere que agradeza e felicite a tódolos seus seguidores. Óllo ó blog porque creo que ten algo que decir. En canto ó partido da Golada algo de leña si que había, pero co frío que facía, se non hai leña que lle queres... Ben sei que desde fóra todo parece máis fácil así que ánimo que para o ano non nos poden volver a gañar os dous derbys.

    Gracias polos ánimos a ese do Cire. Boa falta nos fan. Xa vexo que vós este ano ides embalados. A seguir así, que, rivalidades a parte, unha comarca como a do cerne precisa un equipo algo máis arriba.

    ResponderEliminar