sábado, junio 14, 2014

CARTA DE DESPEDIDA COMO “ADESTRADOR” DE MICHO

A continuación unhas palabras do que foi o mister esta pasada campaña:


En primeiro lugar quero facer mención o presi Sanda, que me deu a oportinidade de vivir esta experiencia tan difícil como bonita a vez, teño que agradecerlle que puxo tanto a miña disposición como a de Victor todo o que necesitavamos e mais.

-Tamén teño que facer mención os membros da directiva e colaboradores,  porque a súa axuda supón unha gran aportación no funcionamento do equipo: Joserra, Michel, Ministro, Moncho, Cristina, Moldes, …. seguro que me olvido de moitos.

 -Mención especial merece a NOSA AFICIÓN esa que me criticou en certos momentos, pero que me animou principalmente, o único que podo e darlle as grazas, recordo entre outros por exemplo o partido contra o At. Melide no cal demostrastes o grandes que sodes.

-E como non, como me ía olvidar dos xogadores , aqueles que coa súa continuidad ou nova incorporación me demostraron o seu apoio, con mellores ou peores cualidades futbolísticas, máis traballadores ou menos, máis protestóns ou menos, a todos vos considero amigos, acertadas ou non quero que non dudedes que todas as decisións foron tomadas sempre pensando o mellor para o equipo, e oxala continuedes todos a vindeira tempada.

-Por último e non menos importante, senón todo o contrario teño que falar de Victor, quen tivo una dedicación e esforzo enorme toda a temporada, teño que darlle mil grazas en primeiro lugar por decidir continuar  xa que sen o se apoio eu difícilmente me houbera decidido, e porque con el me sentín enormemente agusto toda a tempada, quero desexarlle sorte a el e o novo mister  e o seu esforzo terá a xusta recompensa.

Por outro lado teño que dicir que para a vindeira temporada se o tempo disponible, o físico e o corpo técnico o cree convinte volverei a disfrutar noutra faceta do equipo, ou senón como un aficionado mais, o impotante e formar parte desta pequena familia do SANTISO.

AUPA SANTISO

lunes, abril 28, 2014

Vilatuxe 0 - Santiso 0

Cerrouse o telón da campaña 2013-2014 para o Santiso. O equipo acadou un meritorio empate a cero goles no feudo do campión da competición para pechar a tempada.
 
Polos visitantes actuaron Iván na porta, Bruno, Dani, José e Agus en defensa, Rober, Luis, Javi, David e Alex no medio con Nacho na punta do ataque. Mediada a primeira metade, Carlos sustitueu a Bruno que abandonou o terreno de xogo lesionado.
 
No primeiro acto notouse que ambos equipos non se xogaban nada e apenas houbo ocasións claras de gol nas dúas áreas. A oportunidade máis clara deste período chegou por mediación de Nacho que enganchou a perfección un balón que finalmente se estrelou no poste da porta local.
 
Tras o descanso, conforme se ía acercando o remate do partido, a intensidade medrou un pouco e os locais apretaron en busca do gol da victoria pero sin acadar ocasións claras de gol. A oportunidade máis importante veu de novo por parte visitante cando Alex rematou a bocaxarro tras unha mala saída do gardameta do Vilatuxe pero o seu remate foise fóra.
 
Finalmente o equipo pecha a tempada no séptimo posto a tan só 4 puntos do posto que daría opción a xogar a promoción de ascenso. Toca agora un longo descanso ata a nova campaña.
 
Un saúdo e forza Santiso!!


lunes, abril 14, 2014

Santiso 8 - Prevediños 1

Borracheira de goles no último encontro da campaña no Novo Zahorra. O Santiso goleou sin piedade ó Prevediños por oito goles a un nun partido sin moita historia como indica o marcador final.
 
Polos locais xogaron Iván na porta, Bruno, Dani, Borja e Kike en defensa, Javi, Fer, Luis, David e Trebolo no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade tamén dispuxeron de minutos Boimorto, Rober, José, Carlos e Nacho que entraron no campo en sustitución de Trebolo, Bruno, Borja, David e Manolo respectivamente.
 
A pesar do abultado do resultado o equipo non desplegou un gran xogo inda que sí foi efectivo de cara a porta contraria sobre todo no segundo acto. Nos primeiros corenta e cinco minutos os locais conseguiron anotar dous tantos, o primeiro foi obra de Javi gracias a un remate dentro da área que tras golpear o poste se introduceu nas redes da porta visitante. O segundo chegou por mediación de Luis que anotou un gran gol dende a distancia.
 
Tras o descanso os locais saíron algo relaxados e esto permiteu que o Prevediños realizase algún achegamento á porta de Iván conseguindo reducir distancias nunha desas chegadas. A partir dahí, os locais puxeronse as pilas e os goles comezaron a caer. Javi completando o seu doblete acadou o terceiro e Rober pouco despois acadaba o cuarto rompendo as ilusións dos visitantes que a partir dese momento baixaron os brazos. A goleada completouna José cun testarazo tras un saque de esquina, Nacho tras unha boa asistencia de Rober, Kike nunha subida ó ataque e Rober que conseguiu tamén un doblete na súa conta persoal.
 
Xa só falta un encontro para finalizar a liga e será a domicilio fronte ó Vilatuxe, equipo que ven de acadar o ascenso nesta xornada. O choque disputarase dentro de dúas semanas posto que na Semana Santa non se xogaran partidos.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

lunes, abril 07, 2014

Camporrapado 0 - Santiso 4

Victoria contundente a acadada polo Santiso na súa visita a Camporrapado por catro goles a cero. O equipo dominou por completo o partido e reflexouse no resultado final.
 
Polos visitantes actuaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Alex en defensa, Carlos, Luis, Fer e Iván no medio con Nacho e Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron Javi, Roberto, Trebolo, Boimorto e Iván Mourazos en sustitución de Iván, Carlos, Alex, Manolo e Charli respectivamente.
 
Pronto se puxeron as cousas de cara para o equipo cando Nacho foi quen de inaugurar o marcador logo dunha gran xogada individual. Minutos despois, o de Pezobre realizou unha boa internada pola banda e cedeu o balón a Manolo pero o remate deste último estrelouse no longueiro. Co partido aparentemente controlado, Charli tamén apareceu en escena realizando unha magnífica interveción a un remate dentro da área que ben puido significar o empate. Foi a ocasión máis clara para os locais que pronto se viñeron abaixo ó acadar Manolo pouco despois, un deses goles que fai xustiza ó traballo que fai tódolos partidos o de Vilar; o gardameta local presionado por Manolo despexou o esférico que golpeou no ariete do Santiso e paseniñamente foise introducindo nas redes. Cando o primeiro tempo estaba a piques de rematar, os visitantes acadaron o terceiro gol por mediación de Fer nunha xogada ensaiada dende o curruncho.
 
Na reanudación, co rival casi entregado, o Santiso redondeou o triunfo noutra internada de Nacho pola banda que cedeu a Carlos para que acadara o cuarto tanto para o equipo. Roberto nos minutos finais dispuxo da oportunidade de conseguir o quinto nun man a man pero o seu remate foise fóra por pouco.
 
O vindeiro choque do Santiso será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Prevediños, será o derradeiro partido na casa do equipo na presente campaña.
 
Un saúdo e forza Santiso!!    

lunes, marzo 31, 2014

At. Melide 0 - Santiso 0

Con moita repercusión mediática (retransmisión en directo por internet incluida) chegou por fin o derbi. O Santiso non se deixou amedrentar polas novas incorporacións do Atlético e plantou cara en todo momento ata acadar un merecido empate apoiado en todo momento por unha bancada que maioritariamente apoiou o equipo durante todo o partido.
 
Polos visitantes actuaron Chali na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Agus, Luis, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron David, Javi, Nacho e Roberto en sustitución de Agus, Iván, Manolo e Alex respectivamente.
 
Os locais intentaron impoñer o dominio do xogo ó seu favor dende o inicio pero un Santiso ben plantado cun gran traballo no centro do campo propiciou que os achegamentos á área escaseasen. A ocasión máis clara foi desbaratada por Charli nunha magnifica intervención logo dun remate de falta. Por parte visitante, os achegamentos máis importantes chegaron nun remate de Agus que se foi fóra e nun testarazo de José tras un remate de falta de Kike que o gardameta local evitou cunha gran parada.
 
Na segunda metade, o equipo estivo un pouco máis agazapado atrás pero ainda así non renunciou ó ataque e dispuxo dunha boa ocasión por mediación de Fer pero o seu remate foise fóra. Conforme se chegaba ós minutos finais do encontro os locais apretaron e foron de auténtico sufrimento para o Santiso cun remate ó poste incluido pero o marcador final reflexou o resultado inicial de igualada a cero.
 
Punto que sabe a victoria e moito máis logo de ver o entusiasmo dunha afición que cos seus ánimos apoiou sin cesar ó equipo. O vindeiro partido do Santiso será de novo a domicilio fronte ó Camporrapado o próximo domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso.  

lunes, marzo 24, 2014

Santiso 1 - Rodeiro 2

Derrota cruel a encaixada polo Santiso no Novo Zahorra fronte ó Rodeiro por un gol a dous. O equipo chegou a adiantarse no marcador pero finalmente os visitantes conseguiron darlle a volta ó resultado e acadar a victoria cun tanto nos últimos minutos.
 
Polos locais xogaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Agus en defensa, David, Borja, Luis, Fer e Alex no medio con Manolo no ataque. No segundo tempo, Boimorto, Rober, Trebolo e Carlos entraron no campo en sustitución de Alex, Luis, David e José.
 
O encontro estivo moi igualado no medio do campo dende o inicio e os achegamentos á área escasearon por ambas partes. Polo Santiso, as ocasións máis claras viñeron por parte de Manolo nun remate a bocaxarro que o porteiro visitante acertou a atrapar e tamén nun disparo escorado de Alex que se foi fóra polo que ó descanso chegouse co marcador inicial de empate sin goles.
 
Na reanudación o choque moveuse polos mesmos derroteiros ata que Manolo anotou un auténtico golazo dende a distancia aprobeitando unha saída en falso do gardameta rival. Co marcador a favor o equipo meteuse atrás inconscientemente e o Rodeiro comezou a levar o peso do partido. Os visitantes logo dunha xogada embarullada, conseguiron anotar o gol do empate. De ahí ata o final o Santiso buscou adiantarse de novo no marcador e foi Manolo o que creou máis perigo na área rival pero o gol chegou a prol do Rodeiro que se levou finalmente un choque que puido caer para calquer lado.
 
O vindeiro partido do equipo será en Melide fronte ó Atlético o próximo domingo. Un choque sin dúbida especial ó tratarse dun derbi.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, marzo 10, 2014

Santiso 7 - Dozón 0

Caeu por fin o primeiro triunfo da segunda volta a prol do Santiso. O equipo venceu claramente ó pechacancelas da clasificación por sete goles a cero nun encontro sin moita historia.
 
Polos locais actuaron Iván Mourazos na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Agus, Fer, Alex e David no medio do campo e Nacho na punta de ataque. Na segunda parte tamén participaron Trebolo, Javi, Manolo, Iván e Borja en sustitución de Alex, Agus, Nacho, David e Dani respectivamente.
 
A pesar de que os locais non sairon ó choque demasiado enchufados e os visitantes dispuxeron de algún que outro achegamento nos minutos iniciais; o encontro foise decantando pouco a pouco para o Santiso. A primeira diana acadouna Rober logo de aprobeitar unha saída en falso do gardameta visitante. Pouco despois nunha das mellores xogadas colectivas do equipo; Nacho conseguía anotar o segundo tras una gran asistencia de David. Non habería máis goles antes do descanso a pesar de que os locais dispuxeron de claras ocasións por mediación de Nacho nun man a man fronte ó porteiro do Dozón, Kike nun remate de falta e José nunha xogada ensaiada.
 
Na reanudación todo foi máis fácil para un Santiso que pronto conseguiría agrandar a vantaxe no marcador. Rober foi o encargado de anotar o terceiro nun fallo defensivo visitante e o cuarto chegaría pouco despois logo dun remate inapelable de Kike dende fóra da área. Os dous seguintes tantos levaron a sinatura de Manolo que defineu á perfeción ante o porteiro rival. Puido o de Vilar conseguir o "Hat-Trick" nun intento de vaselina que acabou no longueiro. Quen non desperdiciou a oportunidade de acadar tres goles foi Rober que anotou o séptimo para cerrar a conta do equipo. Antes do remate Iván agasaiou ós presentes cunha magnífica acción de regate na que finalmente asisteu á Javi pero o de Pezobre non foi quen de aprobeitar.
 
O vindeiro partido será dentro de dúas semanas xa que o próximo domingo ó equipo tócalle descansar. O rival será o Rodeiro e o choque disputarase no Novo Zahorra. Esperemos que a victoria desta xornada sirva de punto de inflexión para o equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!