lunes, enero 27, 2014

Santiso 2 - Vilatuxe 2

O Vilatuxe rachou a xeira de tres victorias consecutivas do Santiso pero non foi quen de levarse os tres puntos do Novo Zahorra. Finalmente o marcador reflexou unha igualada a dous tantos que pode darse por xusta inda que os locais apretaron ó líder e a piques estiveron de lograr a victoria.
 
Polos da casa formaron Charli no marco, Agus, Dani, José e Kike en defensa, Fer, Borja, Luis, Iván e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade tamén participaron Javi, David, Rober e Nacho que sustituiron a Borja, Iván, Luis e Alex respectivamente.
 
O choque estivo marcado polo vento que soprou durante os noventa minutos regulamentarios. Cada equipo dispuxo de aire a favor durante un período e foi un factor determinante para que existiran dúas partes claramente diferenciadas. No primeiro acto, os visitantes dominaron o partido pero os achegamentos á porta local chegaron só a balón parado mediante corners e saques de falta. Foi nunha desas faltas cando os visitantes conseguiron adiantarse no marcador cun remate non exento de fortuna, xa que o esférico introduciuse na portería logo de golpear na barreira e despistar a Charli. O Santiso espoleado polo gol en contra, buscou a igualada e Manolo casi o consegue tras un testarazo logo dunha falta rematada por Kike. Pero pouco despois nunha xogada calcada, Kike golpeou de novo unha falta e José si foi quen de anotar de cabeza o empate a un gol. Cando xa se agardaba o fin do primeiro tempo con igualada no marcador, o Vilatuxe conseguía de novo adiantarse tras un erro defensivo local.
 
No segundo período, os locais axudados polo vento a favor dominaron casi por completo e pronto acadaron de novo o empate gracias a un remate de Borja que definiu con tranquilidade á rede ante a saída do porteiro visitante logo dunha boa asistencia de Manolo. O Santiso buscou o triunfo de ahí ó final pero non foi quen de disfrutar dun gran número oportunidades para facelo. Sin dúbida a máis clara chegou cando o partido xa finalizaba cun remate de falta de Kike que o arqueiro do Vilatuxe evitou cunha moi boa parada cando xa se cantaba o gol nas bancadas.
 
Remata así a primeira volta co equipo situado na cuarta plaza, agardemos mantela ó final da segunda ou porque non, mellorala. O vindeiro partido do Santiso será de novo como local no Novo Zahorra fronte ó Bandeira o próximo domingo. A axuda da afición será de novo chave como neste último encontro fronte ó Vilatuxe.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

lunes, enero 20, 2014

Prevediños 0 - Santiso 4

Gran victoria a colleitada polo equipo na súa visita a Touro para enfrentarse ó Prevediños. O Santiso venceu e convenceu nun choque no que o marcador final reflexou a superioridade dos visitantes que sobre todo no primeiro tempo, desenvolveron un gran xogo combinativo.
 
O equipo formou con Charli na portería, Agustín, Dani, José e Kike en defensa, David, Luis, Borja e Alex no medio, con Nacho e Manolo na punta de ataque. O segundo período contou coa participación de Bruno, Trebolo, Javi, Carlos e Rober que sustituiron a Agus, Alex, Borja, Manolo e David respectivamente.
 
O triunfo cimentouse nunha primeira metade para enmarcar na que os visitantes enlazaron grandes posesións de balón con continuas triangulacións de pases ó primeiro toque. Con este escenario, os goles non tardaron en chegar; o tanto inaugural do encontro foi obra de Manolo que definiu fronte ó porteiro local logo dunha magnífica asistencia de Borja. O segundo gol chegou por mediación de Alex que anotou a porta vacía tras desfacerse do gardameta do Prevediños. Nunha das accións combinativas do primeiro acto, Alex asistía a David para que éste último colocase o esférico nos pés de Nacho para que o de Pezobre definise con frialdade á rede o terceiro tanto. Luis tivo o cuarto antes do descanso pero o arqueiro local evitouno cunha gran parada.
 
Tras o tempo de lecer, o Santiso saliu enchufado e nada máis iniciarse o segundo tempo, o cuarto gol reflexouse no marcador gracias a una acción dende o curruncho na que Kike rematou e Nacho desviou de tacón para sumar así o seu segundo gol da tarde. Con todo a favor os visitantes relaxaronse e non conseguiron manter o ritmo da primeira parte inda que as ocasións de gol na área local non deixaron de sucederse; David cun intento de vaselina que se foi fóra e Rober con varios centros dende a banda dereita tiveron as ocasións máis claras de ampliar inda máis o resultado para os visitantes. Charli tamén se sumou á festa do equipo cunha magnífica estirada na que evitou o gol da honra para o Prevediños nun dos poucos achegamentos polo bando local.
 
A vindeira xornada será a derradeira da primeira volta e o Novo Zahorra será testigo da visita do líder, o Vilatuxe poñerá sin dúbida as cousas difíciles ó equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, enero 13, 2014

Santiso 2 - Camporrapado 1

O ano 2014 recibeu ó Santiso con tres puntos cunha victoria pola mínima fronte a un Camporrapado que a pesar de estar na zona baixa da clasificación, vendeu cara a derrota. Os locais tiveron que remontar na segunda metade o gol inicial dos visitantes que demostraron que nesta liga todo está moi igualado.
 
No bando local, o once inicial formouno Charli na porta, Agustín, Borja, José e Trebolo en defensa, Roberto, Fer, Boimorto e Alex no medio, Iván no enganche e Manolo na punta de ataque. Na segunda metade, Luis, Carlos, Bruno, Nacho e Iván Mourazos (que actuou de xogador de campo e non de gardameta tras a lesión de Alex) sustituiron a Boimorto (que se retirou cun golpe no pe), Rober, Trebolo, Iván e Alex respectivamente. 
 
Os visitantes sairon mellor plantados no campo ante un Santiso espeso en ataque e demasiado nervioso. Mediado o primeiro período o Camporrapado conseguía adiantarse no marcador gracias a cun centro que se foi envenenando ata golpear no poste e introducirse na porta de Charli. Espoleados polo gol en contra, o equipo comezou a ameazar a portería contraria e dispuxo de varias ocasións de acadar a igualada. Alex tivo o empate por partida doble, primeiro nun remate que se foi fóra por moi pouco e despois noutro disparo despois dunha asistencia de Manolo. Posteriormente o propio Alex centrou dende a banda esquerda un esférico que se paseou pola área pequena e ninguén foi capad de rematar.
 
Tras a reanudación o Santiso buscou todavía con máis empeño o arco visitante e o gol estivo a piques de chegar tras unha magnifica xogada colectiva na que Manolo tras un bo control a pase de Alex viu como o porteiro do Camporrapado desviaba o seu remate. Finalmente, a recompensa chegaría noutro centro dende a esquerda de Alex que remataba Manolo e tras o rexeite da defensa, Rober conseguía introducir o esférico no fondo das redes. Cando apenas faltaban quince minutos para o final, a fortuna sorriu por unha vez ó equipo xa que conseguía anotar o tanto da victoria na xogada seguinte a unha clara ocasión dos visitantes. O autor do gol foi Luis que aprobeitou o remate inicial de Carlos para poñer por primeira vez por diante ó equipo no marcador. De ahí ó final, moito sufrimento na parroquia local xa que os visitantes buscaron o gol do empate con balóns colgados á área do Santiso pero afortunadamente non houbo máis variacións no resultado.
 
O vindeiro choque do equipo será a domicilio en Touro fronte ó Prevediños, agardemos voltar da viaxe cos tres puntos no peto.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

lunes, diciembre 23, 2013

Santiso 4 - Atlético Melide 3

Espectacular encontro o disputado o pasado domingo no Novo Zahorra entre o Santiso e o Atlético Melide. O partido respondeu as expectativas que se lle presupón a un derbi cunha gran afluiencia de público, moita emoción, alternativas no marcador, tensión e nervios. Finalmente a balanza inclinouse a prol dos locais cunha victoria pola mínima por catro goles a tres.
 
Polo equipo xogaron Charli na porta, Agus, Dani, José e Kike en defensa, David, Borja, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo período tamén participaron Boimorto, Luis, Javi, Nacho e Bruno en sustitución de Borja, Iván, David, Agus e Manolo respectivamente.
 
O choque non puido empezar peor para o Santiso xa que nada máis comezar o encontro os visitantes conseguiron poñerse con dous goles de ventaxa logo de executar unha falta e de finalizar con acerto unha contra. Afortunadamente o equipo conseguiu reducir rápidamente a diferencia no marcador por mediación de Manolo que executou á perfección un man a man frónte o gardameta do atlético. Tras uns primeiros minutos electrizantes o partido tranquilizouse un pouco pero o Santiso non desistiu do intento de acadar o empate. Kike tivo unha boa opción tras un remate de falta pero o gol da igualada chegaría por mediación de Iván que cruzou con acerto o esférico á rede logo dunha boa asistencia de Manolo. Antes do descanso os locais dispuxeron da oportunidade de darlle a volta ó resultado por completo cun gran testarazo de Manolo que se foi fóra por moi pouco.
 
Na reanudación, os locais pronto recibiron outro duro golpe ó anotar os de Melide o terceiro tanto por mediación do seu dianteiro centro. Tocaba remar en contra de novo e o Santiso intentouno arroupado por unha afición que foi sin dúbida o xogador número doce apoiando en todo momento ó equipo. O premio da igualada chegou tras unha internada de Alex pola banda esquerda na que centrou á área pequena e un defensa visitante introduceu o balón na súa propia portería. Nun emocionante final de partido, o Santiso acadou o ansiado gol do triunfo tras un remate de Boimorto que o porteiro visitante non foi quen de atallar. Pero a pesar de poñerse por fin por diante no marcador, a tranquilidade non chegaría para a parroquia local, xa que os visitantes dispuxeron dunha gran oportunidade para igualar de novo o marcador cun remate ó poste tras unha falta lateral pero Charli faríase finalmente coa pelota. Co pitido final desbordouse a ledicia entre afición e xogadores do Santiso logo dun partido que tardaremos en esquecer.
 
Despois do parón de navideño o Santiso voltará a xogar no Novo Zahorra fronte ó Camporrapado, será xa en 2014, o vindeiro día 12 de xaneiro. Agardemos agasaiar á nosa gran afición cun novo triunfo.
 
Un saúdo e Bo Nadal!!    

lunes, diciembre 16, 2013

Rodeiro 2 - Santiso 1

Tras a eliminación na Copa do Sar, o Santiso visitaba Rodeiro para retomar a competición ligueira. Desafortunadamente os locais conseguiron levarse o choque cunha victoria pola mínima nun partido igualado.
 
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Agustín, Dani, José e Kike en defensa, Iván, Fer, Boimorto e Alex no medio con Nacho e Manolo en ataque. Na segunda metade Javi, David, Borja e Carlos sustituiron a Iván, Nacho, Boimorto e Dani respectivamente.
 
Na primeira metade o encontro discurriu bastante parexo e non houbo excesivas ocasións de gol, sin embargo os locais aproveitaron dous despistes defensivos para anotar os seus goles inda que no segundo foi a través dun probable fóra de xogo no que o dianteiro do Rodeiro aproveitou para marcar. Na área contraria as ocasións máis claras chegaron logo de dous saques de esquina nos que primeiro Kike cun remate fóra pegadiño ó poste e despois Alex cun disparo que desviou o cancerbeiro local puideiro inaugurar o marcador para os visitantes. Posteriormente Manolo dispuxo da oportunidade máis clara cun remate de cabeza logo dun centro de Alex pero o seu testarazo foise fóra.
 
Tras o descanso, o equipo encerrou ó Rodeiro no seu campo e os locais só dispuxeron de oportunidades á contra. O dominio visitante non produciu ocasións claras de gol pero sí multiples faltas o borde da área e saques de esquina. Nunha desas oportunidades mediado o segundo periodo e logo de varios rexeites nos que Manolo por dúas veces puido anotar, José sería o que acadaría o único gol do equipo. De ahí cara o final os visitantes intentarono colgando balóns á área do Rodeiro pero o tanto da igualada non chegou.
 
Sin tempo para lamentacións, o vindeiro domingo chegará o derradeiro partido do ano e será un derbi no Novo Zahorra fronte ó Atlético Melide.
 
Un saúdo e forza Santiso!!
 


lunes, noviembre 25, 2013

Dozón 2 - Santiso 5

Victoria contundente a que acadou o Santiso na súa visita a Dozón, un campo no que sempre é difícil xogar polo seu estado e no que as condicións metereolóxicas non soen axudar. O equipo mostrouse moi superior ós locais e revisando as ocasións de gol incluso o marcador puido ser todavía máis claro para os visitantes.
 
Polo Santiso formaron de inicio os seguintes futbolistas; Iván Mourazos na portería, Bruno, Dani, José e Agustín (que volvía deste xeito ó equipo) en defensa, Javi, Luis, Nacho, David e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. No segundo tempo participaron Fer, Boimorto, Iván, Carlos e Rober e sustitución de Luis, Javi, Agus, David e Manolo respectivamente.
 
O partido arrancou cun dominio claro por parte visitante e as ocasións comezaron a chegar; o equipo anotou o primeiro gol logo dunha gran acción combinativa na que Nacho asisteu a Alex para que o de Mourazos cedera a Manolo en boca de gol e o de Vilar inaugurase o marcador. Os seguintes minutos continuaron con dominio do Santiso pero sin embargo, neste primeiro acto, o marcador non sufría máis variacións. Nacho e Luis, ambos cuns remates loxanos e Manolo cun testarazo logo dun dos innumerables saques de esquina dos que dispuxo o equipo tiveron as oportunidades máis claras de ampliar o resultado. Os locais disfrutaron dun par de ocasións ailladas en toda a primeira metade.
 
Tras o descanso, os visitantes sairon coa intención de finiquitar o encontro e neste segundo acto, o equipo tivo máis efectividade fronte a porta contraria. Nacho anotou o segundo nunha xogada embarullada pouco despois de que David rematase ó longueiro un gran disparo e Alex tras un roubo de balón no medio do campo facía o terceiro para deixar casi sentenciado o partido. Sin embargo, logo dun erro defensivo dos visitantes, o Dozón conseguía reducir diferencias no marcador e poñer así, algo de inquedanza na parroquia santisense. Pero minutos despois, Carlos encargabase de deixar claro o desenlace do choque marcando o cuarto gol pouco despois de que Fer dispuxera dunha gran ocasión disparando de novo ó longueiro un remate lonxano. Boimorto conseguiu o quinto minutos despois para deixar cerrado definitivamente o partido. O segundo gol dos locais cando o encontro finalizaba foi xa unha mera anécdota.
 
Volve así o equipo á senda do triunfo logo de dúas derrotas consecutivas, agardemos seguir nesta liña de resultados. O vindeiro choque en liga non será ata o 15 de decembro a domicilio fronte ó Rodeiro xa que o próximo fin de semana o equipo tócalle descansar (finalmente a liga conta con 11 equipos tras a baixa do Val do Ulla e cada xornada hai un equipo que non xoga). Pero o Santiso sí xogará dentro de dúas semanas partido da Copa do Sar, será a domicilio tamén e a partido único fronte ó Dodro, un rival que compite en segunda rexional. Iremos informando.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, noviembre 18, 2013

Santiso 0 - Touro 2

Cedeu o Santiso os tres primeiros puntos no Novo Zahorra nesta campaña. O Touro venceu por dous goles a cero nun encontro no que a falta de acerto fronte a portería condenou ós locais á derrota.
 
A formación inicial do equipo foi composta por Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, con David, Boimorto, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo arriba. O choque contaría tamén coa participación de Iván Mourazos, Javi, José Trebolo, Luis e Nacho en sustitución de David, Iván, Kike, Boimorto e Bruno.
 
Como se presumía, o Touro puxo dende o principio as cousas difíciles para os locais e levou o peso do partido inda que sin crear ocasións claras de gol. Éstas chegaron polo bando local, Alex e Manolo por partida doble dispuxeron das máis claras; o de Mourazos atopouse na primeira oportunidade co gardamaias visitante e na segunda xa moi forzado intentou asistir a Manolo evitando o remate un defensa do Touro na liña de gol; en canto ó de Vilar, tamén se atopou co arqueiro visitante na primeira ocasión e na segunda, o seu remate de cabeza foise fóra a rentes do pau da portería rival. Cando remataban quince minutos para o final do primeiro acto, produciuse a expulsión de Charli o que supuxo que o equipo quedase con un xogador menos na primeira media hora do partido por segundo partido consecutivo.
 
Tras o descanso, as oportunidades repartironse e os visitantes contaron con alguna ocasión clara ata que conseguiron adiantarse no marcador mediada a segunda parte. Puido chegar o empate pouco despois nun remate de Manolo pero de novo o porteiro visitante evitou o tanto. José Trebolo cun disparo dende fóra da área tamén puido acadar a igulada para o Santiso pero finalmente o seu remate foise fóra. Na seguinte xogada chegou o mazazo final nunha contra que o Touro aprobeitou para sentenciar o choque.
 
Na próxima xornada, o equipo visitará Dozón, agardemos regresar cos tres puntos e rematar coa mala xeira de resultados que leva o Santiso neste mes de Novembro.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

lunes, noviembre 11, 2013

Deza 4 - Santiso 2

Non foi quen o Santiso de acadar a terceira victoria consecutiva nesta liga. A primeira derrota chegou fronte ó Deza por catro goles a dous. Desta volta faltou a solidez defensiva que mostrou o equipo nas dúas primeiras xornadas.
 
Polos visitantes xogaron Iván na porta, Bruno, Borja, José e Kike en defensa, David, Dani, Fer, Carlos e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade participaron Javi, Boimorto (que debutou así co equipo nesta campaña), Nacho, Luis e José Trebolo en sustitución de Bruno, Carlos, David, Dani e Alex respectivamente.
 
O choque levou a batuta do Deza nos minutos iniciais e froito dese dominio conseguiu adiantarse nunha acción afortunada na que Iván non puido despexar un balón bombeado dos locais. Tras uns minutos de desconcerto, o equipo acadou o empate logo dunha boa xogada colectiva na que finalmente Fer asistiu a Manolo para que o dianteiro recibise de espaldas á porta e rematase coa perna dereita logo dun rápido xiro facendo insuficiente a estirada do gardamenta local. A falta de quince minutos para o final do primeiro acto, produciríase unha das xogadas decisivas do encontro xa que Borja sería expulsado por doble cartón amarelo. O equipo recibiría pouco despois o segundo gol en contra e así se chegaría ó descanso.
 
Na reanudación, o equipo non se amedrentou e levou o peso do partido a pesar de xogar cun futbolista menos pero o dominio non se traduceu en ocasións claras de gol. O Deza á contra atopouse cómodo e conseguiu agrandar a ventaxa mediado o segundo acto e acadar o tres a un. Sin embargo, o equipo acadaría un novo gol por mediación de Kike ó transformar un libre indirecto dentro da área. A emoción mantívose ata o último minuto na que o equipo volcado ó ataque e con tres defensas recibeu o gol definitivo que pechou o encontro.
 
Toca pensar xa no seguinte partido que será no Novo Zahorra o próximo domingo fronte ó Touro, outro rival duro que poñerá sin dúbida as cousas difíciles.
 
Un saúdo e forza Santiso!!    

lunes, octubre 28, 2013

Santiso 1 - Cruces 0

Os primeiros tres puntos da tempada disputados no Novo Zahorra quedaron na casa e o Santiso suma así o segundo triunfo logo de dúas xornadas de liga. O equipo polo momento está a rentabilizar ben os goles que anota xa que 2 tantos proporcionaron 6 puntos.
 
Polos locais participaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Iván, Borja e Alex no medio con Nacho e Manolo en ataque. Iván tivo que retirarse mediada a primeira parte debido a un golpe no nocello arrastrado do adestramento do venres e foi sustituido por Carlos. Na segunda metade, Javi, José Trebolo e Iván Mourazos entraron no campo en lugar de Roberto, Dani e Charli (tamén abandonou o campo cunhas molestias) respectivamente.
 
No primeiro acto o equipo non atopou a maneira de desarbolar a defensa rival e as chegadas polo bando local chegaron a balón parado cun remate de Kike como acción máis destacada que o porteiro visitante desviou con acerto. Carlos dispuxo dunha ocasión máis antes do descanso pero o seu remate foise fóra.
 
Pouco despois da reanudación, o Santiso atopou o regalo do gol logo dunha xogada por banda de Roberto que centrou para que Nacho de tacón remachase á rede o esférico. Buscarían os locais sentenciar o choque con dúas boas oportunidades de Javi, outra de Nacho e xa cerca do final por parte de Manolo pero ningún deles conseguiría anotar. O Cruces creou algo de perigo nos minutos finais colgando balóns á área dos locais pero un gran traballo defensivo evitou todas as ofensivas visitantes e o resultado final quedaría con victoria pola mínima para o Santiso.
 
A fortaleza defensiva está a ser clave para que o equipo esté sumando puntos, neste apartado e no partido fronte o Cruces supoño que coincidiredes en que Bruno no lateral e Carlos no centro do campo tiveron un papel destacado.
 
O vindeiro fin de semana non hai liga polo que o próximo partido será a domicilio fronte ó Deza o próximo domingo día 10 de Novembro. Agardemos seguir coa boa xeira de resultados.
 
Un saúdo e forza Santiso!!
 
 

lunes, octubre 21, 2013

Bandeira 0 - Santiso 1

(O equipo celebra o gol do triunfo)
 
O Santiso acadou os tres primeiros puntos da temporada logo de vencer por cero goles a un ó Bandeira nun partido disputado finalmente en Silleda. Triunfo moi importante ante un equipo sempre correoso e difícil de vencer.
 
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Rober, Borja, José e Kike en defensa, Carlos (que sustitueu no último momento a Luis que sinteu unhas molestias no quencemento), Fer, Iván e Alex no medio, David na media punta e Nacho na dianteira. Na segunda metade dispuxeron de minutos Manolo, Javi e Bruno en sustitución de David, Carlos e Iván respectivamente.
 
O choque apenas contou con achegamentos á portería por parte dos dous equipos nos primeiros corenta e cinco minutos, moito centrocampismo e pouco xogo combinativo. Na segunda metade os ataques animaronse algo máis e as defensas tiveron máis traballo. Charli tivo que empregarse a fondo para desviar un remate de falta o que supuxo a oportunidade maís clara polo bando local. En canto ó Santiso, colleu máis presencia na área rival cando quedou con dous dianteiros e entrou ben por bandas destacando unha boa xogada de Rober logo dunha gran asistencia de Iván. Pero o gol chegou a falta de cinco minutos para o final e despois dunha xogada na que a defensa local só puido deter a Manolo cometendo falta dentro da área. A correspondente pena máxima foi anotada maxistralmente por Alex acadando o único gol do partido. Nos minutos finais do choque o Bandeira colgou balóns desesperadamente pero o resultado non sufriría máis variacións.
 
Victoria que debe dar moral para o estreno desta liga no Novo Zahorra, será o vindeiro domingo ás 4.30 da tarde.
 
Un saúdo e forza Santiso.

jueves, octubre 17, 2013

Comenza a liga!!

Despois dunha longa espera, o vindeiro domingo día 20 abrese o telón da campaña 2013-2014 para o Santiso. Unha nova temporada que trae bastantes novidades con respecto ó ano anterior tanto no banquillo, no plantel e nos rivais.

Comezando por esto último, o equipo quedou encadrado no grupo de Pontevedra polo que volveremos a enfrontarnos a vellos coñecidos como o Bandeira, Cruces, Deza, Rodeiro, Vilatuxe, Dozón e un novo rival como é o Val do Ulla. Por outro lado, tamén compartimos grupo con equipos do ano pasado como o Touro, Prevediños, Camporrapado, Atlético Melide.

En canto ó plantel de xogadores o Santiso sufriu numerosas baixas polo que tivo que buscar no mercado novas incorporacións e finalmente conta coas altas de Bruno, Iván Mourazos e Nacho procedentes do Atlético Melide (os dous primeiros regresan ó que xa fora o seu equipo), e procedentes do Melide Futbol Sala chegaron Iván San Cosme, Borja, Fernando e Carlos. No banquillo atópase a outra novidade no equipo xa que Victor formará "tandem" con Micho que abandonou os terreos de xogo.

O primeiro capitulo desta nova andaida escribirase o domingo día 20 de Outubro en Bandeira a partir das 4.30 da tarde. Esperemos que levemos moitas alegrías con este novo proxecto.

Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, abril 25, 2013

Fin de temporada

Concluiu a campaña para o Santiso, o derradeiro encontro do equipo rematou con derrrota no Novo Zahorra fronte ó Rial por cero goles a tres. Un marcador demasiado cruel para os locais que acusaron en exceso a súa falta de acerto fronte a porta contraria.

Polo Santiso xogaron Charli en portería, Tono, Dani, José e Isma en defensa, Roberto, Manuel, Agustín, David e Alex no medio con Manolo en ataque. Na segunda metade participaron Moncho, José de Trebolo, Kike, Luis e Micho en sustitución de Tono, Isma, Alex, Roberto e David respectivamente.

O encontro pronto se puxo de costas para o equipo xa que os visitantes conseguiron adiantarse no marcador mediante un lanzamento de falta cando apenas se disputara o primeiro cuarto de hora do partido. Os locais reacionaron con varios achegamentos pero ningún deles rematou con éxito, David en dúas ocasións e Alex dispuxeron dos remates máis perigosos contra a portería rival. O resultado sería todavía máis negativo antes do descanso cando os visitantes anotaron o segundo gol tras un remate dende o curruncho.

Na reanudación a sorte non variou para o Santiso e a pesar de dispoñer de máis ocasións de gol, o equipo non conseguiría anotar. Manolo dispuxo da oportunidade máis clara despois dunha boa asistencia de David nesta segunda metade pero o gardameta visitante evitou o gol para os locais. O partido cerrouse definitivamente cando nun erro na marcaxe, o Rial acadaba o terceiro tanto.

O equipo tras este marcador, cerra a temporada no ecuador da táboa clasificatoria, séptima posición con 31 puntos. O ano que ven, voltaremos e buscaremos mellorar os resultados.

Un saúdo e forza Santiso!!


jueves, abril 18, 2013

Punto agridoce

O Santiso acadou outro empate nesta liga fronte ó Atlético Melide a domicilio e suma xa sete na presente campaña, cifra sen dúbida das máis altas das últimas temporadas. O equipo dominou boa parte do choque pero un descoido o inicio e outro ó final do partido propiciaron a igualada final a dous tantos.

Polos visitantes xogaron Charli na porta, Isma, Tono, Dani e Kike en defensa, Roberto, Manuel, Agustín, David e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade participaron Moncho, Luis (que volveu ós terreos de xogo tras a súa grave lesión) e Fran en sustitución de Isma, Roberto e David.

Nada máis iniciarse o encontro, o Santiso recibeu o primeiro gol nunha xogada desafortunada en defensa. Tocaba remontar e os visitantes empezaron a xerar ocasións na portería contraria. Os primeiros achegamentos á porta local foron por parte de Manuel con dous remates dende fóra da área, posteriormente Manolo e Alex dispuxeron de dúas claras ocasións pero a primeira foi despexada polo gardameta local e a segunda foise por encima da porta do Atlético. Kike tamén tivo a ocasión de acadar a igualada para o equipo nun remate dende fóra da área que desviou o porteiro local. Finalmente, Manolo conseguiu por fin o gol do empate antes do remate da primeira metade.

Na reanudación, o equipo buscou poñerse por diante no marcador; Alex avisou primeiro cun remate dende fóra da área pero o segundo gol chegaría a balón parado nun remate de cabeza de Dani tras un saque de equina executado por Alex. Co resultado a favor, os visitantes deron un paso atrás e apenas rondaron a área local ata o final do encontro, polo contrario, os locais foron acercandose máis a portería de Charli sobre todo a través de saques de corner. Finalmente, o gol do empate chegaría nunha desas accións cando o partido xa estaba nos minutos de desconto.

O vindeiro encontro do equipo será o derradeiro desta liga e disputarase no Novo Zahorra fronte ó Rial ás 5 da tarde.  

Un saúdo e forza Santiso!!

martes, marzo 26, 2013

Victoria axustada

O Santiso acadou un novo triunfo no penúltimo encontro na casa por dous goles a un fronte ó Tordoia B. A pesar de que o resultado foi axustado o equipo dominou claramente o partido e só a falta de acerto fronte a portería contraria permitiu que o marcador non fose máis claro para os locais.
 
O once inicial do equipo foi o conformado por Charli na portería, Moncho, Tono, José e José de Trebolo en defensa, Roberto, Agustín, Javi Ministro, Fran e Alex no medio con Manolo en ataque. No segundo acto participaron Isma, David e Manuel en sustitución de Tono, Alex e Fran.
 
A primeira gran ocasión do partido tivoa Manolo que non puido conectar ben un bó centro de Agustín nunha falta.  Minutos despois, Alex cun remate cruzado inauguraba o marcador para o Santiso. O segundo gol non chegaría ata o seguinte acto a pesar de que o equipo dispuxo de boas oportunidades antes do descanso. Primeiro Roberto dispuxo dun remate franco á portería rival logo dunha magnifica asistencia de Fran pero o disparo foise fóra. Posteriormente, invertironse os papeis e un pase da morte de Roberto non foi aprobeitado por Fran que enviou o seu remate por encima da porta visitante.
 
Tras o descanso, o choque non variou e os locais seguiron levando o peso do choque. O gol da tranquilidade acadouno Manolo despois dunha gran acción combinativa na que participaron Fran e Alex. A sentencia definitiva puido chegar en dúas boas oportunidades de Roberto e David pero non habería máis tantos do bando local. A pesar de apenas sufrir apuros en defensa, os visitantes conseguiron anotar na recta final do partido e darlle emoción ós minutos finais pero o resultado non sufría máis variacións.
 
Partido que significou a despedida de Javi Ministro que vai emprender a aventura africana en Angola, esperemos que lle vaia moi ben ó de Pezobre.
 
O vindeiro partido será á domicilio fronte ó Atlético Melide pero será o próximo día 14 de abril xa que este domingo non hai liga por ser Semana Santa e o seguinte é cando lle toca descansar ó equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, marzo 21, 2013

Animo Javi!!

O do pasado domingo en Ordes contra o Montaos foi un encontro marcado pola lesión de Javi Liñares na rodilla, da que esperemos que a gravidade sexa a menor posible. O resultado final do partido foi de empate a un gol, punto que sabe a pouco para o Santiso.

Polos visitantes xogaron Charli na porta, Javi Liñares, Tono, Dani e Kike en defensa, Roberto, Micho, Agustín, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Moncho sustitueu o lesionado Javi Liñares e Javi Ministro e José de Trebolo entraron no campo por Roberto e Micho.

O partido iniciou ben para o equipo xa que conseguiu adiantarse no marcador gracias a un rexeite que aprobeitou Alex para romper as táboas. A mágoa foi que casi na xogada seguinte, tras unha probable falta a Tono, o dianteiro local conseguiu anotar e igualar de novo a contenda. Antes do descanso Alex puido adiantar de novo ó Santiso pero o longueiro evitou o segundo gol dos visitantes.

Tras o descanso, o equipo foi superior no partido e inda que non desplegou un gran xogo, sí dispuxo de claras ocasións para levarse o choque. Alex por partida doble tivo as máis claras pero a primeira opción foise fóra cerca do poste e na segunda o gardameta local evitou o gol. Fran dispuxo doutra boa ocasión pero o seu remate tampouco chegou ó fondo da rede.

O vindeiro partido será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Tordoia B ás 4.30 da tarde.

Un saúdo e forza Santiso!! 

jueves, marzo 14, 2013

Triunfo contundente

O Santiso conseguiu unha nova victoria despois de golear ó Prevediños por 4 tantos a cero. O encontro rachouse na segunda metade donde os locais dominaron claramente o partido.
 
O once inicial do equipo foi o conformado por Charli na porta, Moncho, Tono, Dani e José de Trebolo en defensa, Roberto, Agustín, Micho, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda parte, Javi Ministro, David, Javi Liñares e Javi Ourense sustituiron a Micho, Alex, Moncho e Manolo respectivamente.
 
O Santiso saltou ó campo un pouco relaxado quizais porque enfrente estaba o pechacancelas da liga e non conseguiu desenvolver un bo xogo. Ainda así, os locais dispuxeron de tres claras oportunidades de inaugurar o marcador, dúas por mediación de Alex e unha de Roberto pero en todas elas o porteiro rival estivo moi acertado e provocou que se chegase con igualada sin tantos ó descanso.
 
Na reanudación, os locais sairon ó campo moito máis enchufados e pronto chegaron os goles. O primeiro deles foi obra de Fran que rematou á rede un rexeite dentro da área logo dun corner. O segundo non se fixo agardar e Manolo anotou de cabeza unha boa asistencia de Alex. Tras unha falta lonxana, Moncho conseguiría sorprender ó gardameta visitante e acadar ó terceiro para o equipo. A goleada cerrouna Manolo que faría doblete logo dunha xogada individual. O marcador puido ser todavía máis favorable para os locais que dispuxeron de máis oportunidades de gol, José de Trebolo dispuxo da ocasión máis destacada logo dunha boa xogada individual que o porteiro visitante desviou con acerto.
 
O vindeiro encontro do equipo será a domicilio fronte ó Montaos o próximo domingo ás 4.30 da tarde. 
 
Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, marzo 07, 2013

Notable igualada

Preciado botín o acadado polo Santiso o pasado domingo na súa visita a Trazo, empate a cero nun dos campos máis difíciles da categoría. O equipo estivo moi ben plantado en todo momento e incluso puido traer os tres puntos para a casa nos minutos finais do partido.
 
Polos visitantes xogaron Charli na porta, Moncho, Tono, Manuel e José de Trebolo en defensa, Roberto, Micho, Agustín, Fran e Kike no medio do campo con Alex na dianteira ante a ausencia de Manolo. Na segunda metade Dani, Javi Ministro e Javi Liñares sustituiron a José de Trebolo, Alex e Roberto respectivamente.
 
O encontro transcurriu bastante parexo durante a primeira metade sin apenas ocasións de gol, o achegamento máis importante por parte do equipo protagonizouno Alex cun remate moi forzado logo dunha mala saída do porteiro local.
 
No segundo acto o choque transcurreu polos mesmos derroteiros cun Trazo sólo inquedaba a porta visitante mediante faltas laterais e saques de esquina e un Santiso ben atrás que no tramo final dispuxo de dúas grandes ocasións. A primeira foi logo dunha gran xogada combinativa entre Javi Liñares e Fran na que ó do Padrón asisteu a Kike libre de marca que estrelou o seu remate ó poste. Posteriormente, o porteiro do Trazo volveu a facer unha mala saída e desta volta Kike tivo de novo a ocasión de anotar pero o seu remate de cabeza foise fóra.
 
O vindeiro partido para o equipo será o próximo domingo no Novo Zahorra fronte ó Prevediños ás 4.30 da tarde.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

martes, febrero 26, 2013

Remontada

O Santiso logrou un gran triunfo fronte ó Camporrado nun choque no que chegou a ir perdendo por dous goles ó descanso pero que acabou volteando o marcador deixando o resultado final de 3-2.

Polos locais xogaron Charli na porta, Tono, Manuel, Dani e Kike en defensa, Roberto, Agustín, Javi Ministro, David e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade Micho, Javi Ourense e Fran sustituiron a Javi Ministro, Roberto e David respectivamente.

O partido na primeira metade discurreu con dominio alterno pero foron os visitantes os que moveron o marcador anotando dous tantos, o primeiro logo dun erro defensivo de Dani e o segundo tras un pase da morte dende a banda que o dianteiro visitante non desperdiciou. A pesar da dureza do marcador, o Santiso non se veu abaixo e dispuxo de boas oportunidades de gol. As ocasións máis claras por parte local chegaron por mediación de Kike nun remate de falta e na mesma xogada o rexeite que non puido aprobeitar Manolo. Posteriormente e certa xa do remate do primeiro acto, David puido reducir distancias no marcador pero o seu remate foise fóra por moi pouco.

Tras o descanso, os locais fixeronse co control casi total do encontro dispoñendo de varias ocasións de gol e sin apenas sufrir en defensa. O primeiro gol para o equipo non se fixo agardar e acadouno Manolo cabeceando un remate de falta de Kike. O empate puido chegar minutos despois cando Agustín veu como o defensa visitante sacaba o seu remate de cabeza na mesma liña de meta, pero a igualada chegaría por mediación de Kike cun remate dende fóra da área. O terceiro gol puido ser obra de Javi Ourense pero de novo un defensa do Camporrapado evitaba que o remate entrase na porta visitante. O merecido premio para os locais chegaría nunha xogada casi calcada á do primeiro tanto cos mesmos protagonistas, Kike saca unha falta e Manolo cabecea ó fonda da rede o esférico. Sin embargo, os visitantes dispuxeron dunha gran oportunidade de igualar de novo o marcador cerca do final do choque cun remate falta pero unha estirada espectacular de Charli evitou o gol e que os visitantes conseguisen puntuar no Novo Zahorra.

O vindeiro partido do equipo será a domicilio fronte ó Trazo o próximo domingo.

Un saúdo e forza Santiso!!

jueves, febrero 21, 2013

Ilusións rachadas

As escasas opcións de chegar ó play-off de ascenso para o Santiso esfumaronse casi que por completo despois de caer fronte ó Villestro B por tres goles a dous.
 
Polos visitantes formaron Charli na porta, Isma, Tono, Dani e Kike en defensa, Roberto, Javi Ministro, Micho, David e Alex no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade participaron Agustín, Fran e Manuel en sustitución de Javi Ministro, David e Micho respectivamente.
 
Na primeira metade o encontro foi dominado polos locais e o Santiso apenas visitou a área contraria. Charli permitiu ó equipo chegar con ópcións ó segundo acto con duas intervencións de mérito fronte ó dianteiro local en dous man a man. Deste xeito, ó descanso chegouse con empate a cero.
 
Na reanudación chegaron os goles, o primeiro foi paro o Santiso logo de que Kike colgase unha falta na área e o propio defensa do Villestro introducise o esférico na porta local. Quizais unha das claves do encontro foi que a ventaxa no marcador durou moi pouco e o empate no marcador foi un feito en poucos minutos. Peor se puxeron as cousas cando os locais conseguiron adiantarse logo de que o dianteiro do Villestro rematase de cabeza unha falta lonxana. Pero os visitantes non se renderon e buscaron restablecer de novo a igualada no marcador. Puido chegar primeiro por mediación de Manolo que anotou logo dun centro de Alex pero que o árbitro decideu pitar falta ó propio xogador de Mourazos antes de que éste realizase o centro, deixando deste xeito sin aplicar a lei da vantaxe. Pouco despois nunha xogada moito máis enredada, Alex conseguía anotar e manter con opcións de victoria ó equipo nos minutos finais. Nesta fase final, os locais quedaron con un xogador menos pero o Santiso xogou peor contra dez que contra once con un xogo demasiado precipitado que permitiu ó Villestro dispoñer de varias ocasións de gol e á postre o tanto definitivo do choque para dar o triunfo ós locais.
 
O próximo rival será o Camporrapado que visitará o Novo Zahorra o vindeiro domingo ás  4.15 da tarde.
 
Un saúdo e forza Santiso!!