lunes, enero 27, 2014

Santiso 2 - Vilatuxe 2

O Vilatuxe rachou a xeira de tres victorias consecutivas do Santiso pero non foi quen de levarse os tres puntos do Novo Zahorra. Finalmente o marcador reflexou unha igualada a dous tantos que pode darse por xusta inda que os locais apretaron ó líder e a piques estiveron de lograr a victoria.
 
Polos da casa formaron Charli no marco, Agus, Dani, José e Kike en defensa, Fer, Borja, Luis, Iván e Alex no medio con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade tamén participaron Javi, David, Rober e Nacho que sustituiron a Borja, Iván, Luis e Alex respectivamente.
 
O choque estivo marcado polo vento que soprou durante os noventa minutos regulamentarios. Cada equipo dispuxo de aire a favor durante un período e foi un factor determinante para que existiran dúas partes claramente diferenciadas. No primeiro acto, os visitantes dominaron o partido pero os achegamentos á porta local chegaron só a balón parado mediante corners e saques de falta. Foi nunha desas faltas cando os visitantes conseguiron adiantarse no marcador cun remate non exento de fortuna, xa que o esférico introduciuse na portería logo de golpear na barreira e despistar a Charli. O Santiso espoleado polo gol en contra, buscou a igualada e Manolo casi o consegue tras un testarazo logo dunha falta rematada por Kike. Pero pouco despois nunha xogada calcada, Kike golpeou de novo unha falta e José si foi quen de anotar de cabeza o empate a un gol. Cando xa se agardaba o fin do primeiro tempo con igualada no marcador, o Vilatuxe conseguía de novo adiantarse tras un erro defensivo local.
 
No segundo período, os locais axudados polo vento a favor dominaron casi por completo e pronto acadaron de novo o empate gracias a un remate de Borja que definiu con tranquilidade á rede ante a saída do porteiro visitante logo dunha boa asistencia de Manolo. O Santiso buscou o triunfo de ahí ó final pero non foi quen de disfrutar dun gran número oportunidades para facelo. Sin dúbida a máis clara chegou cando o partido xa finalizaba cun remate de falta de Kike que o arqueiro do Vilatuxe evitou cunha moi boa parada cando xa se cantaba o gol nas bancadas.
 
Remata así a primeira volta co equipo situado na cuarta plaza, agardemos mantela ó final da segunda ou porque non, mellorala. O vindeiro partido do Santiso será de novo como local no Novo Zahorra fronte ó Bandeira o próximo domingo. A axuda da afición será de novo chave como neste último encontro fronte ó Vilatuxe.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

5 comentarios:

  1. Moi ben fedelliño. Hay que seguir asi . A suerte algun dia a cambiar!!!! A dalo todo.aupa santiso. Cr6

    ResponderEliminar
  2. moi ben explicado dani jej,kreo k foi un bo partido e conseguimos un puntiño + de cara a finalizar a liga nos posto de ascenso,ahora a pnsar no bandeira k vai ser un rival moi komplikado per a dalo todo rapaces pa konseguir a victoria esperemos k a afecion responda coma sempre ke ka vosa axuda todo e + facil.1 saudo e aupa santisooo.alex

    ResponderEliminar
  3. Asi me gusta rapaces k sigades por ese bo camiño,po fin de semana que ven estarei x ahi,a ver se vos podo acopañar o partido que teñades fora da casa.a seguir en esa boa racha!!Monchito.

    ResponderEliminar
  4. moi ben central ben comentado.bo partido en xeral a pesar k o arbitro para a miña opinión arbitrou malísimo pero weno todo o que sea sumar e bon!!!ai que seguir asi sumando....monchito o próximo partido tamen o xogamos na casa asique quedache a 1 paso pa vir.jej 1 saudoo e FORZAA SANTISOOO..Rober

    ResponderEliminar
  5. En términos xerais, foi un bo resultado para o Santiso. Pero vendo o partido queda un pouco de resquemor porque se puido incluso gañar ó líder, xa que o Vilatuxe na segunda metade acabou pedindo a hora. En canto á actuación arbitral, mellor non facer comentarios...
    Para conseguir quedar nestes postos ó final do campionato, é imprescindible puntuar de igual forma que nesta primeira volta, e iso pasa por gañarlle ó Bandeira na casa o vindeiro domingo.
    Ánimo rapaces, que vós podedes! Un saúdo e FORZA SANTISO!

    ResponderEliminar