lunes, octubre 28, 2013

Santiso 1 - Cruces 0

Os primeiros tres puntos da tempada disputados no Novo Zahorra quedaron na casa e o Santiso suma así o segundo triunfo logo de dúas xornadas de liga. O equipo polo momento está a rentabilizar ben os goles que anota xa que 2 tantos proporcionaron 6 puntos.
 
Polos locais participaron Charli na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Iván, Borja e Alex no medio con Nacho e Manolo en ataque. Iván tivo que retirarse mediada a primeira parte debido a un golpe no nocello arrastrado do adestramento do venres e foi sustituido por Carlos. Na segunda metade, Javi, José Trebolo e Iván Mourazos entraron no campo en lugar de Roberto, Dani e Charli (tamén abandonou o campo cunhas molestias) respectivamente.
 
No primeiro acto o equipo non atopou a maneira de desarbolar a defensa rival e as chegadas polo bando local chegaron a balón parado cun remate de Kike como acción máis destacada que o porteiro visitante desviou con acerto. Carlos dispuxo dunha ocasión máis antes do descanso pero o seu remate foise fóra.
 
Pouco despois da reanudación, o Santiso atopou o regalo do gol logo dunha xogada por banda de Roberto que centrou para que Nacho de tacón remachase á rede o esférico. Buscarían os locais sentenciar o choque con dúas boas oportunidades de Javi, outra de Nacho e xa cerca do final por parte de Manolo pero ningún deles conseguiría anotar. O Cruces creou algo de perigo nos minutos finais colgando balóns á área dos locais pero un gran traballo defensivo evitou todas as ofensivas visitantes e o resultado final quedaría con victoria pola mínima para o Santiso.
 
A fortaleza defensiva está a ser clave para que o equipo esté sumando puntos, neste apartado e no partido fronte o Cruces supoño que coincidiredes en que Bruno no lateral e Carlos no centro do campo tiveron un papel destacado.
 
O vindeiro fin de semana non hai liga polo que o próximo partido será a domicilio fronte ó Deza o próximo domingo día 10 de Novembro. Agardemos seguir coa boa xeira de resultados.
 
Un saúdo e forza Santiso!!
 
 

1 comentario:

  1. Muy beeeen fedelliño. Pero temos que seguir asi non se poden perder puntos. Que despois o final pasa o de siempre. Botamolos en falta!!!!!. Forza santiiiiiiso.cr6

    ResponderEliminar