lunes, marzo 10, 2014

Santiso 7 - Dozón 0

Caeu por fin o primeiro triunfo da segunda volta a prol do Santiso. O equipo venceu claramente ó pechacancelas da clasificación por sete goles a cero nun encontro sin moita historia.
 
Polos locais actuaron Iván Mourazos na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Roberto, Agus, Fer, Alex e David no medio do campo e Nacho na punta de ataque. Na segunda parte tamén participaron Trebolo, Javi, Manolo, Iván e Borja en sustitución de Alex, Agus, Nacho, David e Dani respectivamente.
 
A pesar de que os locais non sairon ó choque demasiado enchufados e os visitantes dispuxeron de algún que outro achegamento nos minutos iniciais; o encontro foise decantando pouco a pouco para o Santiso. A primeira diana acadouna Rober logo de aprobeitar unha saída en falso do gardameta visitante. Pouco despois nunha das mellores xogadas colectivas do equipo; Nacho conseguía anotar o segundo tras una gran asistencia de David. Non habería máis goles antes do descanso a pesar de que os locais dispuxeron de claras ocasións por mediación de Nacho nun man a man fronte ó porteiro do Dozón, Kike nun remate de falta e José nunha xogada ensaiada.
 
Na reanudación todo foi máis fácil para un Santiso que pronto conseguiría agrandar a vantaxe no marcador. Rober foi o encargado de anotar o terceiro nun fallo defensivo visitante e o cuarto chegaría pouco despois logo dun remate inapelable de Kike dende fóra da área. Os dous seguintes tantos levaron a sinatura de Manolo que defineu á perfeción ante o porteiro rival. Puido o de Vilar conseguir o "Hat-Trick" nun intento de vaselina que acabou no longueiro. Quen non desperdiciou a oportunidade de acadar tres goles foi Rober que anotou o séptimo para cerrar a conta do equipo. Antes do remate Iván agasaiou ós presentes cunha magnífica acción de regate na que finalmente asisteu á Javi pero o de Pezobre non foi quen de aprobeitar.
 
O vindeiro partido será dentro de dúas semanas xa que o próximo domingo ó equipo tócalle descansar. O rival será o Rodeiro e o choque disputarase no Novo Zahorra. Esperemos que a victoria desta xornada sirva de punto de inflexión para o equipo.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

3 comentarios:

  1. moi bn cronista jaj.victoria importante a do domingo k ns ten k dar moita moral pa afrontar os 2 partidos seguintes xa k son mui mui importantes,animar a aficion pa que acuda o domingo 23 kntra o rodeiro k asi vai ser moito + facil .1 saudo e aupa santiso.alex

    ResponderEliminar
  2. moi boa cronica fedello...ai que seguir asi e ganar os proximos partidos xa que son fundamentais e como non ca axuda da afección todo e posible 1saudo e FORZAA SANTISOOOO!!!! Rober

    ResponderEliminar
  3. Este domingo partido na casa contra o Rodeiro. Non é por meter presión, pero só valen os tres puntos se se quere quedar en postos de promoción...
    A ver se o equipo está á altura.
    Un saudo e FORZA SANTISO!

    ResponderEliminar