lunes, marzo 31, 2014

At. Melide 0 - Santiso 0

Con moita repercusión mediática (retransmisión en directo por internet incluida) chegou por fin o derbi. O Santiso non se deixou amedrentar polas novas incorporacións do Atlético e plantou cara en todo momento ata acadar un merecido empate apoiado en todo momento por unha bancada que maioritariamente apoiou o equipo durante todo o partido.
 
Polos visitantes actuaron Chali na porta, Bruno, Dani, José e Kike en defensa, Agus, Luis, Fer, Iván e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade tamén participaron David, Javi, Nacho e Roberto en sustitución de Agus, Iván, Manolo e Alex respectivamente.
 
Os locais intentaron impoñer o dominio do xogo ó seu favor dende o inicio pero un Santiso ben plantado cun gran traballo no centro do campo propiciou que os achegamentos á área escaseasen. A ocasión máis clara foi desbaratada por Charli nunha magnifica intervención logo dun remate de falta. Por parte visitante, os achegamentos máis importantes chegaron nun remate de Agus que se foi fóra e nun testarazo de José tras un remate de falta de Kike que o gardameta local evitou cunha gran parada.
 
Na segunda metade, o equipo estivo un pouco máis agazapado atrás pero ainda así non renunciou ó ataque e dispuxo dunha boa ocasión por mediación de Fer pero o seu remate foise fóra. Conforme se chegaba ós minutos finais do encontro os locais apretaron e foron de auténtico sufrimento para o Santiso cun remate ó poste incluido pero o marcador final reflexou o resultado inicial de igualada a cero.
 
Punto que sabe a victoria e moito máis logo de ver o entusiasmo dunha afición que cos seus ánimos apoiou sin cesar ó equipo. O vindeiro partido do Santiso será de novo a domicilio fronte ó Camporrapado o próximo domingo.
 
Un saúdo e forza Santiso.  

2 comentarios:

  1. Anónimo1/4/14 13:43

    Moi ben dani,partidazo o do domingo kn moita lucha e aptitu asi da gusto intentar konseguir os 9 puntos k fltan aer se damos chegado a promocion,facer unha mencion especial pa gran aficion k temos o domingo foi espectacular.Gracias aficcion.1 saudo e aupa Santiso.alex

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo1/4/14 20:11

      Moi boa crónica fedello un partidazo k fixo o santiso foi pena dos 3 puntiños pero si se xogara asi sempre poucos partidos se perdian...e como no dar as gracias a afecion que estivo d 10...1saúdo e FORZAAA SANTISOOO!!Rober

      Eliminar