jueves, noviembre 03, 2011

Outubro Negro

Finalizou por fin este mes de outubro tan negativo para os intereses do Santiso, e é que nada menos que 5 derrotas en outros tantos partidos acadou o equipo. A última dolorosa, por cinco goles a cero contra o Tordoia.


Polos visitantes xogaron, Charli na porta, Javi Ministro, Tono, Manuel e Kike en defensa, Roberto, Micho, Luis e Alex no medio, Fran na media punta e Manolo no ataque. Na segunda metade actuaron Iván, Javi Liñares, José, Javi Ourense e José de Trebolo no lugar de Charli, Roberto, Micho, Fran e Alex respectivamente.


Os locais foron claramente superiores xa na primeira parte á que se chegou con dous a cero, o mellor xogo do Santiso produciuse tras o descanso pero o terceiro gol local pesou moito na moral visisitante que posteriormente apallou outros dous goles máis.


Esperemos que este mes de novembro nos ofreza mellor xogo e resultados que o pasado. O vindeiro domingo, visita o Novo Zahorra o Touro. Vamos que toca gañar xa!!


Un saúdo e forza Santiso!!

1 comentario:

  1. wenas xa rematado o mes negro po santiso esperemos ke o domingo rompamos o gafe de 5 partidos perdidos.animadevs a vir O PARTIDO SERA O DOMINGO AS 4 DA TARDE NO KAMPO DO SANTISO VIDE ANIMAR.1 saudo ALEX

    ResponderEliminar