lunes, noviembre 28, 2011

Dormidos

Algo facía presaxiar o que ía suceder cando chegamos a Lestedo e nos demos conta de que alí non era o encontro; desfacer o camiño andado e aterrizar no Forte a tan só 10 minutos antes do inicio do choque. Sen apenas facer exercicios de quencemento o Santiso iniciaba un partido que tirou na primeira metade e que cando quixo reaccionar xa era demasiado tarde. Finalmente 3 a 1 para os da casa que se aprobeitaron da falla de concentración na retagarda visitante.


O Santiso formou con Charli na porteria, Isma, Dani, José e Kike en defensa, Javi Ministro, Micho, Manuel, Alex e Fran no medio do campo, con Manolo arriba. Na segunda metade entraron Jose, Iván, Javi Liñares e José de Trebolo sustituíndo a Javi Ministro, Charli, Dani e Alex.


Os tres goles locais chegaron da mesma maneira, balóns en longo á espalda da defensa, galopada pola banda e gol do Lestedo. Cun doloroso 3 a 0 chegabase ó descanso.


No segundo acto, o Lestedo acusou o esforzo da primeira medate e o Santiso comezou a tocar a pelota con un protagonista principal; Fran ofreceuse por todo o campo para sair coa pelota xogada cara á area rival. Nunha desas xogadas, agasallou a Manolo cun gran balón que o de Vilar non desperdiciou. Houbo algún achegamento máis pero estaba claro que o partido xa era dos locais.


Toca aprender dos erros e pensar xa no proximo rival, o Villestro B, que visitará o Novo Zahorra o próximo domingo ás 6 da tarde.


Por último mandar dende aquí unha forte aperta de parte de toda a parroquia do Santiso a Roberto que se está a recuperar dunha operación de oído. Moito Animo!!


Un saúdo e forza Santiso!!

1 comentario: