miércoles, febrero 14, 2007

Xornada 20

A crónica
Horrible a tempada do Santiso no estrictamente deportivo. Oín o outro día cando saia do vestiario que é a peor racha da historia dun equipo que, se non me engano, comparte idade conmigo e, por tanto, anda xa encarando a trintena. Si podo decir que é a peor racha desde que empecei a ir ós venres na bicicleta ó campo da ponte antes do añorado paso pola segunda rexional. Tocan agora por tanto as vacas fracas. Confiemos en que, igual que pasa no fútbol de élite, esto sexa cousa de rachas e pronto volvamos a ver o Santiso máis arriba.
No tocante ó partido do domingo: Santiso 2-Estudiantil 3, ou o que é o mesmo: goles a favor do vento 5-goles en contra 0. Non se pode decir que foramos moito mellores que os contrincantes de Loimil, tampouco peores. Simplemente fíxose imposible xogar por momentos, e o Estudiantil aproveitou mellor o cuarto de hora escaso de furacán a favor para enchufarnos 3 goles que remontaban os dous que Ronaldiño fixera na primeira metade. Ben é certo que tamén desperdiciou unha clarísima ocasión de firmar un hat trick (outra cousa había ser que lle deixaramos levar o balón para a casa, que tampouco está a economía para moitos alardes).
Houbo tamén quen dixo que o trencilla tivera clara influencia no resultado. A saber, o primeiro gol do Estudiantil (conseguido polo sempiterno capitán Moncho que aí sigue dando guerra) posiblemente fora conseguido en fora de xogo. Tamén expulsou a Míchel por un deses arranques que ten sin pensar nas consecuencias (foi exactamente a misma resposta que lle deu a Santos, o árbitro de Prado pequeno e con bigote, cando lle preguntou se estaba ben despois dunha dura entrada. É dicir, mandouno a tomar por donde se empezan os cestos). E o certo é que tras o terceiro gol do Estudiantil, e cando xa so estabamos 10 sobre o campo, empezou a pitar a favor as típicas faltas das que antes non nos pitaba nin unha. Sin embargo, nadie pode reprochar que un árbitro de terceira rexional e sin xuíces de línea acerte en todos os foras de xogo e eu, persoalmente, penso que o resultado foi infinitamente máis influenciado polo aire que polo colexiado.
Finalmente, unha idea que lanzo, pero que deixo aí para ampliar outro día: simplemente abrir unha porta á esperanza. O outro día faltaban, como mínimo 4 ou 5 xogadores, que acostuman a ser titulares (desexamos os mancados unha pronta recuperación), e cun equipo de circunstancias: 11 xustos de salida e 10 durante gran parte do partido sóubose dar a cara. Se a eso añadimos que hai ata 3 equipos de categorías inferiores, temos que pensar que so é posible mellorar o feito ata de agora.

Xogador estrela
Ronaldiño de Transfontao (si, Manolo, xa sei que é de Mirce). Aproveitou dúas das tres ocasións que tivo e mantivo a presión e o derroche físico o que nos ten acostumados.

Anecdotario
Pode que sexamos un dos peores equipos da categoría este ano, pero nadie dudará de que somos un dos máis mediáticos. E por se fora pouco agora temos a "dobre R" atacante: Ronaldo e Ronaldiño. Casi nada!! (para os despistados Ronaldo é o fillo de Ovidio de Pezobre, por tanto, primo de dous futboleros de clase como son Charly e Alberto, e o outro día xa marcou en Vilatuxe, un campo, por outra parte, onde acostuman a mollar xogadores de gran categoría).

4 comentarios:

  1. ojeador.... y paragüero!14/2/07 11:38

    Ole ese Santiso!
    Ta claro, como di o admirado cronista, que os resultados que non acompañan, pero... a U.D. é moito máis ca fútbol!
    Ide xogar, oh! Ide xogar que con 11 namáis é normal que non se poida facer moito, e é unha pena perder a ilusión!
    Chamamento ao plantel e chamamento tamén á afección, onde me inclúo. Sería unha pena perder este equipo tan feituco.
    Noraboa, unha xornada máis, ao cronista, que xa o botabamos de menos.

    ResponderEliminar
  2. Tono, bótaseche de menos cajuendiola..

    ResponderEliminar
  3. Onde puxen "bótaseche" quería dicir "botábaseche", veña ;))

    ResponderEliminar
  4. non son de mirce marulo son do vilar

    ResponderEliminar