jueves, noviembre 09, 2006

8ª Xornada

A crónica
Resístensenos os bos resultados no Zahorra stadium como ben di Riki. Tampouco é que os resultados fora da casa sexan para tirar cohetes esta tempada, pero é que na casa so fomos capaces de gañar ó Prevediños, o último clasificado. Este domingo nova derrota, esta vez fronte ó Bandeira.
Empezaron os de Silleda marcando un gol por medio do seu dianteiro centro titular que aproveitou a súa corpulencia para peinar hacia atrás, e de costas á portería, un balón ó saque dunha falta desde o lateral.
Pouco despois chegaría a mellor oportunidade para o empate. Un penalti, por agarrón a José que se incorporou ó ataque, dos que non nos acostuman a pitar foi tirado por Alberto, pero non foi quen de enganar ó porteiro rival que despexou o tiro.
O empate viría, sen embargo, nunha boísima xogada na que Sandá profundizaba pola súa banda e poñía un centro que Manuel rematou de cabeza por encima do porteiro rival. Inapelable. Con empate a un e coa entrada de Alfonso na segunda metade contabamos que se podía remontar o partido e o certo é que houbo algunhas ocasións para facelo, pero ó dianteiro do Bandeira saiulle un tiro dos que son difíciles de repetir. Controlou o balón fora da área, escorado a unha banda e de costas a portería e, sen deixala caer, lanzou unha bolea en vaselina que sorprendía a Charly. Co 1-2 chegouse ó final do partido.
O próximo domingo visitamos o campo dos nosos veciños do At. Balouta, que este ano van líderes. Un dos mellores campos, en canto ó estado do terreo, da categoría. Así que sintoo por David (porteiro do Balouta, amigo, e compañeiro de fútbol saa en Melivet), pero chegará a primeria derrota esta tempada dos de Muimenta a cargo do Santiso.

Xogador estrela
Pese a que o nivel do equipo estivo bastante baixo, quizais se deba destacar a José, que foi quen de provocar un penalti e de resolver con acerto e moita forza (ás veces incluso arriscando demasiado) a maioría dos intentos de internada do Bandeira ademais de mostrarse tan contundente nos balóns aéreos como nos ten acostumados.

Anecdotario
Sabido é de todos o interés das nosas autoridades políticas por sanear a xuventude santisentes. Sumámonos á esa iniciativa recomendando a reapertura do bar/cafetería das gradas do campo do Santiso. O domingo había gran afluencia de público e, que mellor que unha boa caixa de quintos para curar as resecas dominicais favorecendo así ese saneamento tan desexado. Que bonitos aqueles tempos do Santiso-Fortuna e incluso outros non tan pasados na liga da amistade (outro día falarei dese curioso nome) nos que ata os propios futbolístas se sumaban o grupo no descanso, cando non o facían en exclusiva, para dar boa conta das medias de Estrella e sair con renovados ánimos a desputar as segundas metades.

Decir tamén, que como saberedes, un dos fondos do noso campo está adornado por un flamante castiñeiro (entre outras moitas árbores). Para aqueles que consideren que o espectáculo futbolístico non está á altura moitas das veces no municipal, decirlles que deberían acudir un pouco antes para presenciar no quecemento e en exclusiva como o noso flamante Ronaldiño (de Transfontao, ainda que el renegue e diga que é de Vilar) patenta un novo modo de abalar os ourizos. Vamos a ser xustos e decir que algún balón escapouse e foi á portería.

E para finalizar que saibades que, por suposto, desde o Santiso estaremos cun ollo posto nese espectáculo que terá lugar coincidindo coa reinaguración do municipal de Toques e afeccionados de ambos os dous contendientes. Sen embargo casi todos os consultados coincidimos en que debemos votar no blog de Riki que o partido corre serio risco por jarrafonada colectiva este sábado. Un saúdo para todos.

6 comentarios:

  1. Levantastes cabeza o domingo, ou que?
    A afección zahorrista está con vós! Que non se diga!
    Santiso ceibe!

    ResponderEliminar
  2. Ai meus santiños! e non é nada! o caso é ter salú e os pés quentes! pero unha vitoria de vez en cando non viña mal pa alegrar os corazóns!!
    En fin, que non se desanimar e a seguirlle dando.

    ResponderEliminar
  3. Co conto do derby olvideúsenos un chisco o Santiso.
    Como anda o conto verdeamarelo?
    Tono vuelve¡¡
    veña un saúdo

    ResponderEliminar
  4. O mar debeu anegar Vigo, porque o Tono non dá sinais de vida!
    Non sabemos nada dos do Santiso...
    Estamos ávidos de información!

    ResponderEliminar
  5. Non amigo riki. Máis ben o río que casi leva Sabarís e media Baiona a semana pasada ata as Cíes. Con todo seguimos aquí, e foron outros os motivos da ausencia de novas. Aí vai hoxe a crónica da 9ª e o anuncio de que en breve aparece a 10ª e outras novedades.
    Gracias pola fidelidade. Un saúdo

    ResponderEliminar