miércoles, noviembre 22, 2006

9ª Xornada

A crónica
O que avisa non é traidor, (ou eso dín). Xa dixemos que causaríamos a primeira derrota do Balouta en toda a tempada e así foi. Chegaba o Santiso a un campo dos que a calquera lle gusta xogar: herba verde natural ben cortadiña, climatoloxía acompañante e grande afluencia de público, mesmo con caras coñecidas da afección santisense. Tal é así que, por primeira vez, Míchel podía verse con problemas de descartes pola abundancia de xogadores con ficha presentes.Finalmente Micho autodescartouse para que puidesen xogar todos os demais nun xesto que mostra o seu espíritu de equipo (espíritu que, por outra parte, hai que decir que é o reinante pese a que os resultados ou o xogo non sexan tan bos como todos desexamos). As ganas de xogar tamén puideron coa nosa futura incorporación estrela, que recén chegada das illas afortunadas, foi quen de vencer a resaca dominical para presentarse co equipo mesmo co risco de non ter aínda ficha lista (finalmente así foi e teremos que esperar aínda para ver o seu debut esta tempada). No meramente futbolístico decir que se demostrou que o Santiso é capaz de vencer a calquera equipo da categoría (tamén pode perder con calquera, hai que decilo todo). Foi un encontro apaixoante pero donde fomos claros dominadores e xustos vencedores. O único gol do encontro chegou nunha xogada de libro: inicia a xogada Alberto no medio do campo abrindo á banda esquerda, profundiza Sandá e pon un centro que era medio gol para que Alfonso fusile de cabeza ó porteiro local. Tivo tamén o Balouta algunha ocasión marrada dentro da nosa área, pero o marcador non se volveu mover.

Xogador estrela
O Santiso. Expléndido

Anecdotario
Reproducción dunha conversa (literalmente) entre o árbitro e o noso Ronaldiño particular:
-(A): Quero ver a todos con espinilleras!. Xa avisei. Ó que vexa sin elas sácolle amarilla.
-(R): Lojo.... ¿¿¿as túas espinilleras árbitro??
-(A): (con cara de poucos amigos) Lojo seica vou levar patadas, ¿ou?
-(R): Aaaaaiiiiiii!!!!?????

Ós que conocemos a Manolo non se nos escapan as súas dotes para a amena conversa co árbitro e cos rivais. Cando comentamos esta no vestiario enterámonos doutra que tivo lugar o partido anterior:
-(R): (sinalando o anagrama da camiseta do colexiado) Coñó arbitro! vaia puma máis chulo tes aí. Ten tino que parece que che quere morder un pezón.
-(A): ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿??????????????????? (sen palabras)

Noutra orde de cousas, agradecer a Óscar da ponte a ronda de cañas que se marcou cando se convenceu (costou facelo) de que foramos os primeiros en gañar en Muimenta. Seguro que algún encontrou na divertida reunión que tivo lugar tra-lo partido na sua taberna unha motivación adicional para conseguir novas victorias.

E para finalizar saberedes que a victoria do Santiso tivo efectos colaterais: como si da primeira división se tratase o entrenador local presentou a súa renuncia irrevocable e colle o equipo o noso amigo David o que lle desexamos toda a sorte do mundo, aínda que xa queda avisado de que lles volveremos mollar a orella no Zahorra Stadium. Apaixoante duelo o que se presenta nos banquillos con dous primos (políticos) dirixindo dous equipos con tradición no fútbol rexional da comarca.

8 comentarios:

  1. rikimelide23/11/06 09:31

    Ganarlle o líder sempre presta, jojo cuidado cos Pumas jaja
    No campo do San Martiño o arbitro díxolle o noso lateral esquerdom, 3 Xa estás quitando eses pendientes pero xa ¡¡¡ veña¡¡¡.
    E eso que os levaba esparatrapados de todo, tipo l.n.f.p. pero.
    Despois desta reacción do arbitro o meu compañeiro.ultra Emilio díxolle o trencilla, Ti es dos meus carallo que pendientes nin que tatuajes, o futbol é de homes.
    jJAa, o que non sabí o arbitro e Emilio tamén o debeu esquecer, igal é que se arrepinte, de que ten un pulpo de tinta na perna jajajj.
    veña unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Parabéns. Muito bonito. Seguide na liña.

    ResponderEliminar
  3. Xesta verde24/11/06 10:55

    Peazo crónica! si señor! Moito mérito ten eso de repicar e andar á procesión (estar de curto e facer a crónica). Agardamos seguir tendo novas futuras deste equipo das estrelas. Hai que dicir, en honor á verdade, que o que si se respira no Santiso é un bo rollo envidiable.
    Agardamos poder "devorar" pronto a crónica da última xornada.
    Segue así, Tono!

    ResponderEliminar
  4. bretemanejra26/11/06 00:57

    Ouiches meu!.Moi ben a crónica,coma sempre,pero eu voume acordar doutra anecdota do I,acha junior.Mudandonos no vestiario estaba o home en pelotas e so coas medias postas(que pintas),e alguen lle dixo:"non tes collos a sair asi o campo",e salta:"non ohh".O outro:"veña 50 euros e saes".
    I,acha J.:"ti pensas que por 50 euros algen enseña o carallo ou..."
    O outro:"arre cona na ponte vilariño cobran 30 e fancho completo, e con cobados".Que vicio tes criatura.Despois do partido dicia que o ía pasar a dios na Ponte Vilariño,quen non o pasa ven alí por outra parte, pero contra todo pronóstico era por meterse cos do restaurante que andiberon metendolle caña pola semana dicindo que nos caería unha chosca.
    Moraleja: na Ponte Vilariño tamen ai restaurante

    ResponderEliminar
  5. damevenenoquequieromorir29/11/06 18:35

    Di o chiste:
    - "Mamá, ¿cando imos comer o pan de hoxe?
    - Mañá, fillo, mañá!"

    Nós tamén, os fieis seguidores da gloriosa u.d. agardamos con golosa ansiedade a crónica do día de feira en millí.... Ata nova orde...

    ResponderEliminar
  6. fora con todo30/11/06 10:35

    Mimadriña! que cambio de look! Felicidades ó autor por esta innovación de colorido. a verdá é que dá máis ganas de ler. E con estadísticas e todo!
    Profesional. Muy profesional...

    ResponderEliminar
  7. Por agora está un pouco chafulleiro. A ver se sacamos algo de tempo para darlle un pouco de vidilla e actualizar a cousa. Un saúdo a todos.

    ResponderEliminar
  8. deporte galego informando5/12/06 11:54

    Ola tono!
    por se o blog da ud santiso se quere internacionalizar e abrigar información sobre o partido da selección galega de fútbol vs. ecuador (e da reserva de entradas a grupos, e esas cousas...), velaí che mando a url onde está toda a merenda explicada.
    Pola sombra!

    http://www.deportegalego.eu/eventos/evento.php?id=evento_5&lg=gal

    ResponderEliminar