lunes, abril 14, 2014

Santiso 8 - Prevediños 1

Borracheira de goles no último encontro da campaña no Novo Zahorra. O Santiso goleou sin piedade ó Prevediños por oito goles a un nun partido sin moita historia como indica o marcador final.
 
Polos locais xogaron Iván na porta, Bruno, Dani, Borja e Kike en defensa, Javi, Fer, Luis, David e Trebolo no medio, con Manolo na punta de ataque. Na segunda metade tamén dispuxeron de minutos Boimorto, Rober, José, Carlos e Nacho que entraron no campo en sustitución de Trebolo, Bruno, Borja, David e Manolo respectivamente.
 
A pesar do abultado do resultado o equipo non desplegou un gran xogo inda que sí foi efectivo de cara a porta contraria sobre todo no segundo acto. Nos primeiros corenta e cinco minutos os locais conseguiron anotar dous tantos, o primeiro foi obra de Javi gracias a un remate dentro da área que tras golpear o poste se introduceu nas redes da porta visitante. O segundo chegou por mediación de Luis que anotou un gran gol dende a distancia.
 
Tras o descanso os locais saíron algo relaxados e esto permiteu que o Prevediños realizase algún achegamento á porta de Iván conseguindo reducir distancias nunha desas chegadas. A partir dahí, os locais puxeronse as pilas e os goles comezaron a caer. Javi completando o seu doblete acadou o terceiro e Rober pouco despois acadaba o cuarto rompendo as ilusións dos visitantes que a partir dese momento baixaron os brazos. A goleada completouna José cun testarazo tras un saque de esquina, Nacho tras unha boa asistencia de Rober, Kike nunha subida ó ataque e Rober que conseguiu tamén un doblete na súa conta persoal.
 
Xa só falta un encontro para finalizar a liga e será a domicilio fronte ó Vilatuxe, equipo que ven de acadar o ascenso nesta xornada. O choque disputarase dentro de dúas semanas posto que na Semana Santa non se xogaran partidos.
 
Un saúdo e forza Santiso!!  

1 comentario:

  1. Moi boa crónica fedello..partido fcil para o santiso k xogou meyor na segunda parte penso eu.wen o ultimo partido desta tempada sera contra o vilatuxe ai k ganar pa despedir ben a tempada..1saúdo e FORZAA SANTISOO....Rober

    ResponderEliminar