martes, noviembre 06, 2012

Dinámica negativa

Desafortunadamente a mala xeira de resultados non abandona ó Santiso e o equipo colleitou unha nova derrota fronte ó Camporrapado por tres goles a un. O encontro tivo unha parte para cada equipo pero a efectividade dos locais foi superior á do Santiso.
 
Polos visitantes actuaron Charli na porta, Moncho, Tono, Dani e Kike en defensa, Javi Ministro, Agustín, Luis, Fran e Alex no medio con Manolo arriba. Na segunda metade Roberto, Manuel, Javi Liñares e José Trebolo sustituiron a Javi Ministro, Fran, Moncho e Alex.
 
Os primeiros corenta e cinco minutos foron claramente para os visitantes que dispuxeron de grandes ocasións para finiquitar o encontro; sin embargo, tan só Alex foi quen de perforar a portería do Camporrapado logo dunha magnífica asistencia de Manolo. Posteriormente, o propio Alex rematou ó longueiro na ocasión máis clara para agrandar a distancia para o Santiso. Manolo e Javi Ministro tamén dispuxeron dunha gran oportunidade cada un pero ningún dos remates acabou en gol. Cando se acercaba o descanso e casi no único achegamento dos locais no primeiro acto, chegou o empate.
 
Na reanudación o partido mudou por completo e o Camporrapado dominou o choque e conseguiu reflexalo no marcador anotando dous goles máis castigando a un Santiso que na primeira metade puido sentenciar.
 
O seguinte partido será no Novo Zahorra fronte ó Trazo o vindeiro domingo, inda que non é o mellor rival para empezar a gañar, xa son horas de empezar a sumar puntiños.
 
Un saúdo e forza Santiso!! 

3 comentarios:

  1. Bueno amigos. eu non sei que poñer. esperaremos ganar algun partido supoño. haber que pasa domingo un saludo e aupa santiso cr6

    ResponderEliminar
  2. Queremos a crónica da primeira victoria da tempada!!

    ResponderEliminar
  3. para 1 partido que gana o santiso e non haI CRONICA

    ResponderEliminar