miércoles, octubre 10, 2012

Primeiro punto

O Santiso ven de estrear o seu casilleiro de puntos na presente campaña; acadou un meritorio empate a dous goles fronte ó Vila de Ordes a domicilio. O encontro tivo unha parte para cada equipo e o resultado final puido ser favorable a calquera dos dous contendentes.
 
Polos visitantes xogaron Charli na portería, Moncho, Dani, José e Isma en defensa, Fran, Agustín, Micho, Luis e Alex no medio con Manolo na punta do ataque. Na segunda metade participaron Kike, Javi Ministro, Javi Ourense, Javi Liñares e Roberto que sustituiron a Isma, Micho, Fran, Agustín e Manolo respectivamente. A pesar de ser un encontro fóra da casa, o plantel de xogadores non fallou e esto obrigou a que Manuel e José de Trebolo quedasen fóra da convocatoria por decisión propia de ambolos dous xogadores, xesto sen dúbida a aplaudir.
 
Os locais vironse claramente superados polo bo facer dos seus rivais no primeiro acto, o Santiso fíxose co esférico e esto permitiulle dominar e dispoñer de oportunidades. O gol inaugural do partido chegou logo dunha magnifica acción combinativa de todo o equipo, a xogada iniciuna Charli sacando en corto para a defensa que subeu o esférico ata o medio do campo para que finalmente tras un bo centro de Alex, Manolo remachase á rede. Co marcador a favor,  o equipo soltouse e o segundo gol non se fixo agardar, Luis saca unha falta que ninguén consigue rematar que se introduce finalmente na portería local. O terceiro e quizais o finiquito do partido a favor dos visitantes, puido chegar en duas boas ocasións por parte de Manolo pero os da casa sairon vivos de ambos remates. Cando parecía que se chegaría ó descanso co marcador coñecido, no último minuto da primeira metade e tras unha contra, os locais conseguían reducir distancias. Outra vez o gol sicolóxico...
 
No segundo acto, o Vila de Ordes atacou máis a área visitante e buscou con máis descaro a portería defendida por Charli. Acadaría o premio do gol mediada esta parte e foi a partir de ahí cando o Santiso veu perigar sacar algo positivo do encontro a pesar de que Manolo tamén tivo de novo unha boa ocasión de gol neste período. Os locais tiveron a oportunidade máis clara cun posible penalti que afortunadamente o colexiado non pitou. Finalmente, o marcador non se movería e con reparto de puntos remataría o choque.
 
Cunha neta melloría con respecto o partido inicial, o Santiso afrontará o vindeiro encontro fronte ó lider tras dúas xornadas, o Resmón, o próximo domingo no Novo Zahorra ás 16.30 da tarde; agardemos coma sempre unha gran presencia de público e que o equipo poida dedicarlle a primeira victoria da tempada.
 
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Moy ben resumido si señor. o que pasa e que o dianteiro e ruinzocho e empatouse, que si fora non levavan cinco a vida e moi dura.haber domingo si non falla tanto un saludo .cr6

    ResponderEliminar
  2. Wenas,antes de nada felicitar a DANI pols maravillosas kronikas k fai.respecto o partido kntra o vila de ordes kreo k foi un mui bo partido pena k solo se konseguira un punto,pero weno esperems ke este domingo konsigamos os 3 puntos da temporada aunke o rival nn e o + asekible pero kon ganas e o apoio da nosa afecion seguro ko konseguiremos,esperems ke a afecion akuda koma sempre a animarns k por certo temos unha afeccion de 10..saudos e AUPA SANTISOOO....alex

    ResponderEliminar