martes, abril 17, 2012

Empate

Chegou a primeira igualada da tempada para o Santiso, foi contra o Villestro B a domicilio a 3 goles. O encontro puido caer de caquer lado nunha recta final tola con continuas chegadas nas dúas áreas pero finalmente chegouse ó xusto empate.


Polos visitantes actuaron Iván na porta, Isma, Manuel, José e Kike en defensa, Javi ministro, Micho, Luis, Fran e Alex no medio do campo con Manolo arriba. No segundo tempo, Roberto e José de Trebolo entraron por Javi Ministro e Manuel.


Os primeiros minutos do choque foron de tanteo sen ningún dominador claro pero sen embargo o Villestro conseguiu adiantarse no marcador nunha xogada aislada. A partir de ahí, o Santiso lonxe de virse abaixo comezou a ameazar a portería local e lograría o premio do empate cerca do descanso logo dun remate de Micho. Neste primeiro acto inda houbo tempo para un bo remate de Fran que desviou o porteiro local.


Tras o descanso, o Villestro dispuxo de ata tres ocasións claras para adiantarse no marcador pero sería o Santiso o que conseguiría adiantarse no marcador tras un magnífico remate de falta dende fóra da área de Kike que por se non o sabedes, está a ser imitado por Cristiano á hora de celebrar os goles. Cando mellor pintaban as cousas para os visitantes, o Villestro conseguiu darlle a volta ó resultado en apenas cinco minutos. Con pouco para o final, o Santiso buscou o empate con descaro e conseguiríao de novo por mediación de José. De ahí ata o final, unha auténtica lotería na que calquer conxunto se puido levar o partido; José de Trebolo tivo a ocasión máis clara para os visitantes neste treito.


O próximo partido será o domingo fronte ó lider, o Deixebre, no Novo Zahorra; será o derradeiro encontro da casa desta tempada.


Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Moi ben. coma sempre si señor. haber que facedes domingo eu non podo xogar pero intentarei ir verbos como lles ganades. forza santisooooooooo. cr6

    ResponderEliminar
  2. moi boa crónica coma sempre dani..pouco máis que decir..debemos seguir mellorando despistes puntuais e acabar a tempada con 3 victorias se pode ser..en canto á celebración do gol..xa falei con cr7(non cr6)e xa se viu que contra o bayern non fixo o mesmo ca min..1saúdo para galicia ras

    ResponderEliminar