jueves, diciembre 15, 2011

Castigo excesivo

Desta volta o horario nocturno non trouxo boa sorte ó equipo. Derrota ante un dos equipos que debe estar arriba na clasificación ó final da liga. Ben é certo que se facemos unha análise completa do partido o Deixebre mereceu a victoria, pero o 4-1 final antoxase duro para o Santiso.


Polos visitantes xogaron Ivan na portería, Javi Liñares, Manuel, José e Isma en defensa, Jose do Padrón, Micho, Javi Ministro, Alex e Fran no centro do campo, con Manolo na punta de ataque. No segundo acto participaron Luis e Dani que entraron por Javi Ministro e Manuel.


O Santiso aguantou ben á primeira metade o empuxe dos locais que só tiveron algunha ocasión cerca do descanso pero que Iván desbaratou con boas paradas. Pola outra portería existiron menos ocasións, tan só duas faltas rematadas por Javi Liñares e Alex.


No segundo tempo, o Santiso saíu algo durmido e costoulle dous goles en apenas cinco minutos. Sen embargo, lonxe de amedrentarse, o equipo tirou de casta e reduciu distancias logo dun esférico que pelexou Manolo e que Fran se encargou de remachar a gol. Co marcador máis apretado, parecía que Santiso ía ter algunha opción de puntuar pero nese intre chegou a xogada máis polémica do encontro; o dianteiro local caeu lesionado nun choque e debido ós berros do xogador do Deixebre, o Santiso quedou parado interesandose polo rival; algo que aprobeitaron os locais para anotar o 3-1. Tras isto, o partido quentouse bastante e pouco xogo se viu, os visitantes puideron acortar distancias cun remate de José ó pau pero sería o Deixebre o que lograría marcar o cuarto nunha contra.


O próximo partido será xa no ano 2012 fronte ó Rial no Novo Zahorra. Collemos unhas pequenas vacacións (cena incluida o próximo día 23 de Decembro).


Felices Festas e Forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. Mui ben esplicado si señor pero faltouche decir que os xogadores do deixebre son unhos falsos e porcos non todos. un saudo e bemonos na cena forza santiso cr6

    ResponderEliminar
  2. xa me contaron que habia 1 portugues porco porco..pero deixa que xa viran..ai si oh!!1saludo para galicia ras

    ResponderEliminar