martes, noviembre 30, 2010

Nova victoria, e van 3 seguidas!

Moito frio recibeu o Santiso na súa visita a Lalin deste pasado fin de semana; as baixas temperaturas que asolaron toda Galicia e en especial nas terras do Deza foron unha nota destacada do encontro. Sumouse a esta circunstancia, o comenzo nun horario inhabitual, practicamente cumprianse as 7 da tarde-noite cando o pitido do árbitro anunciaba o inicio do choque.
No Santiso formaron Charli en porta, Agustín, José, Kike en defensa, Luis e Dani por diante, no centro do campo estiveron Fran, Micho, Monchito e Alex e na punta de ataque Manolo.
A primeira parte que realizou o equipo foi moi salientable, das mellores da tempada, xogando no feudo do segundo clasificado dominou casi de cabo a rabo os primeiros 45 minutos a base de boas combinacións e poucos atrancos defensivos. Nesta xornada, Manolo non anotou, pero foi gracias a unha presión do pichichi do equipo ó porteiro local como Monchito se fixo co esférico e proporcionou un preciso balón a Fran para que anotase o que finalmente sería o único gol do encontro.
Na segunda metade do partido, o Deza apretou máis e puido lograr o empate nalgunha acción aillada, algo que sería inxusto, o Santiso mereceu claramente a victoria e incluso puido agrandar a diferencia no marcador con sendos remates ó pau de Alex e Fran respectivamente. Neste periodo, Bruno entrou por Micho, Javi por José e José de Trebolo por Manolo.
Parece que por fin o Santiso atopa o bo camiño, pero non é tempo de relaxacións, o Cruces visita o Novo Zahorra o próximo domingo, equipo que goleou á U.D. na primeira volta por 3 a 0. Esperase unha boa presencia de aficionados como está sendo habitual incluso fóra da casa como este pasado domingo, algo moi de agradecer.
Un saúdo e forza Santiso!!

2 comentarios:

  1. hai que seguir xogando asi de emchufados desde o minuto 1 un paridazo de todos.forza Santiso(ramón)

    ResponderEliminar
  2. si averda ek si xgaron d.p.m todos!!!!casi pareciamos o barsa co baño k lle deu o madri!!!!jejej weno xa pode ir temblando o cruces k como nos salga un partido como o k saliu en lalín xa poden temblar....ai k seguir ca nosa rachAA!!!vña 1saúdo e AUPAAA SANTISOOO.RoBERtO.

    ResponderEliminar