martes, septiembre 29, 2009

INAUGURACIÓN DO NOVO ZAHORRA STADIUM

O pasado domingo día 27 de Setembro o partido amigable disputado entre a U.D. Santiso e o Cruces C. F. sirveu de inicio dunha nova etapa para o equipo de Santiso. Dá a impresión de que este ano o público non se vai a aburrir xa que debido ás reducidas dimensións do novo campo poden xerarse multiples ocasións como sucedeu neste primeiro partido.
O resultado foi de 4 a 5 para os pontevedreses, polos da casa anotaron Sergio (Nova incorporación da U.D.), Alfonso, Micho e Manolo. Hai que indicar que a outra nova incorporación, Iván, sufreu un esguince de nocello o pasado venres e terá que agardar 3 ou 4 semanas para poder debutar de xeito oficial co noso equipo.
Non foi o día das defensas, pero tampouco dos dianteiros porque a pesar de que se anotaron 9 goles, calquera que presenciase o partido sabe que 5 ou 6 goles máis pudieron abultar todavía máis o marcador por ambos bandos.
As reaccións tras o partido foron variadas, mentres para algún o partido foi un desastre (sobre todo o segundo tempo), para outros non foi tan mal partido. Ambas partes teñen parte de razón, non se pode permitir que con 3 a 1 o equipo contrario consiga poñerse 3 a 5, nin moito menos recibir 5 goles no propio feudo. Pero tamén é certo que se anotaron 4 goles e que puderon ser moitos máis.
Polo tanto, agardemos que para o proximo domingo nun partido xa oficial o Novo Zahorra teña unha boa entrada de público como neste pasado amigable e que o equipo poida corrixir os fallos tanto defensivos como ofensivos.
Por último, recordar que as cañas están agardando na de Suarez para que o primeiro goleador oficial do Novo Zahorra invite a todos aqueles que apostasen por el.Un saúdo e forza Santiso!

3 comentarios:

  1. Moi ben dani pola narracion do partido.recordade ke o domingo empeza o importante ke e o komezo da liga e esperamos gañar,tamen decir ke a aficion responda koma o ano pasado ke estivo de 10,polas informacios ke me deu joserra o partido e as 4:30 animadevos a vir!!!veña un saudo e AUPA SANTISO!!!Alex

    ResponderEliminar
  2. Súmome ás felicitacións de Álex. Por certo, respecto do callobre (rival do domingo), tiña entendido que era equipo de nova formación (o equipo senior), pero tamén podería ser descendido de segunda, ¿alguén o sabe a tiro fixo?.
    Polo que vexo no seu blog (tedes por aquí o enlace), ven de gañar 2-1 ó Berres este fin de semana, e perder, pola mínima, 4-3, co Cruces o fin de semana pasado. Así que será un rival a ter en conta no Novo Zahorra este domingo.

    ResponderEliminar
  3. jose penas30/9/09 17:49

    fixo non é, pero creo q segun lin no seu blog, refixeron o equipo q nas últimas tempadas non participou en competición oficiosa!

    ResponderEliminar