lunes, enero 26, 2009

Xornada 17. Mauciña baixo a neve.

Vaia! vexo que hai movemento... Pois teremos que dar as novas logo para que non decaia.
Por partes:
Este domingo unha mauciña como visitante ó Atl. Gresande (por certo, que googleando un pouco por aí, descubrín o seu blog, así como o do Vilatuxe, así que enlázovolos á dereita para que lles botedes un ollo). Pois, como ben di Agus, ver para crer: 0-5 como visitante e o novo campo de camiño.
No deportivo, hat-trick de Manolo, que volveu ser o das mellores tardes. Impresionante o seu empuxe nun partido disputado, por fases, baixo as folerpas da neve do Candán. Deste xeito, Manolo, xunto con Alberto Cordido gañan enteiros para o pichichi do equipo, con 7 e 5 goles respectivamente. A punto estivo Alberto de sumar un tanto máis no que puido ser unha das mellores xogadas da tempada. Lanza o contraataque Fran, desde liña defensiva cun pase medido, que deixa ó de Barazón só diante do porteiro rival. A preciosa baselina marchou por ben pouquiño.
Polo demais, dominio total do Santiso. As poucas ocasións rivais atopáronse con Charly, que sigue coa súa particular tempada de chapó (seguro por alto, reflexos e nas saídas), e os dous goles restantes obra de Fran e do propio Alberto Cordido.

Momentos felices, xa que logo na U.D. E non íamos deixar marchalos sen máis, así que o sábado.... CEA!!!!. A ver se facemos bo o tópico das outras veces, por estrano que pareza, ese que dí que: "cea sábado, victoria domingo".

Aquí segimos. Saudiños.

2 comentarios:

  1. Nun blog do Gresande hai unha entrada que comenta o partido do domingo, nela di que tres dos goles do santiso son erros arbitrais. Non vin o partido pero os que estivestes alí, non comentastedes nada... co cal supoño, que unha vez máis, cando se perde é por culpa do árbitro!!
    Por certo, coincido contigo tono, no de intentar evitar que morra esto, a ver se o conseguimos!
    Un saúdo!
    (Agus)

    ResponderEliminar
  2. Ehhh!! A ver ... a ver ... que andades a facer polo blog do Vilatuxe :-)

    Saudos para Alberto Torreiro.

    "Tooornillo" je je ...

    Él xa sabe quen llo di, e tamén porque llo digo.

    Ciao!!

    ResponderEliminar