lunes, octubre 22, 2007

Xornada 5

A crónica
Tarde de verán no Zahorra Stadium. E a hora de fichar, casi todos: a plantilla casi ó completo e "a hinchada" dando conta das medias e dos quintos na grada, ainda que xa houbo quen dixo "que ben van os cubalibres no Zahorra Stadium amigo!".
Segunda victoria consecutiva da UD e unha conclusión clara, con Alberto e Alfonso en plenas facultades, poucos equipos son mellores ca nós. Lástima que non poidamos contar con ningún deles a próxima xornada, na que visitamos o líder Piloño.
Ah!,... outra conclusión. O noso campo é o peor, con diferencia do grupo. Menos mal que seguimos confiando que a mellora pronto deixará de ser unha promesa. A ver se é verdade!

Aliñación
Charly, Tono, Agustín, Dani, José, Fran, Alfonso, Alberto (Monchito), Manuel, Marcos (Ronaldo) e Alberto (Cordido). Tamén xogaron Manolo (Ronaldiño), Micho, Jose e Javi (Ministro).

Goles do Santiso
Marcos, José e Alberto Cordido.

Xogador estrela
Alfonso e Alberto Cordido.

Anecdotario
A destacar a xornada repleta de éxitos para o fútbol local. E é que tras o partido e a F1, tivo lugar no bar de Alfonso unha improvisada reunión de irmandade Santiso-Cire. Alí, nunha improvisada tertulia de xogadores e incondicionais, encabezada por dous homes de altura, como son Riki e Javi, sóubose que á victoria do Santiso hai que engadir a do Cire, que pasa a ser líder do seu grupo, e a dun reposto Toques, por 4 a 0. Noraboa a todos, e ánimo para que esto se repita máis veces e deixe de ser unha anécdota.

19 comentarios:

  1. Moi boas,foi unha boa xornada futbolera na comarca xa que gañaron os catro equipos e ademais con goleadas.Ademais perdeu o "Nejro",o afillado do Ron De-anis,eu prefiro o brugal.Estes parecense o Pier Nogolluna,tódalas carreiras facendo trampas e non dan ganado, ca. Faltalles o can: pulgoso, bueno teñen o pai ....
    Aupa Santiso

    ResponderEliminar
  2. riki melide23/10/07 14:39

    Boas, estou contigo Tono en que non sexa una anécdota e volva a ocurrir mais domingos, a conclusión a que chegamos eu mais Javi foi que o éxito da xornada radicou nas cenas de equipo do venres. O Cire foi de cena, o Toques foi de cena e o Saniso foi de cena. Resultados do domingo: Santiso-Silleda: 3-2, Cire-Atl.Perillo : 3-0 e Toques-Encrobas 4-0.
    ;)

    ResponderEliminar
  3. riki melide23/10/07 14:41

    Cando puxen "Saniso" está claro que me refería a: "El municipio que se encuentra al sureste de la provincia de A Coruña. El río Ulla, ensanchado por el embalse de Portodemouros, le sirve de separación con los ayuntamientos pontevedreses de Vila de Cruces y Agolada. Al norte y al oeste limita con Arzúa. Al norte con Melide y al este con Palas de Rei, de la provincia de Lugo"
    Bicos e apertas,a todas e a todos.

    ResponderEliminar
  4. forza cire¡¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  5. E logo, estamos de vacacions? Ou cando o equipo perde xa non pos nada de nada.
    Veña saludos

    ResponderEliminar
  6. aupa santiso!!!fora cire!!!

    ResponderEliminar
  7. moy ben charly o domingo contra o estudiantil fixechelo mu ben e tamen a manolo que e un crack!!!arriba micho,javi,manuel e josé que el mais a sua cabeza fai moito polo equipo.aupa santiso!!!!

    ResponderEliminar
  8. micho o mellor!!!saluditos de tua irma!!!santiso o mellor!!!aki estamos eva e marga.duas socias do santiso.xa sabedes que podedes facer os vosos carnets de socios do santiso so por 15 euros,unha pequeniña axuda po equipo.falade con mayte se estades interesados.bks.e vide a animar o santiso.

    ResponderEliminar
  9. FORZA SANTISO
    FORZA ATLETICO
    FORZA TOQUES

    ResponderEliminar
  10. aber se renovamos a paxina web do santiso!!!keremos ver os resultados do resto das xornadas que faltan,porfa.AUPA SANTISO!!!veña chico0s,vos podedes!!!kerémosvos!!!aupa micho,charly,josé,ministro,michel,manolo,manuel,fran,jose,etc.firmado:socias nº221-223.

    ResponderEliminar
  11. Dani = Crack.

    ResponderEliminar
  12. Mato=Gabi milito
    Bicos dun admirador.jejeje

    ResponderEliminar
  13. aupa charly de unha admiradora secreta weno admiradorade seu irrrrmmmmmaaaannn que ta como un queixiño!!!!!!muakkkkkssss pos dous

    ResponderEliminar
  14. aupa charly de unha admiradora secreta weno admiradorade seu irrrrmmmmmaaaannn que ta como un queixiño!!!!!!muakkkkkssss pos dous

    ResponderEliminar
  15. o domingo a mallar o athtletico de melide imoslle ganarrrrr

    ResponderEliminar
  16. ese santiso.3-1 contra o athletico de melide.moi ben chicos.ole por manolo!!!!!!!!!!!!eses 2 goles!!!!!!!!!aber se renovamos esto eh!216-223.aupa santiso!!!!!!!!!kerémosvos!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  17. Noraboa pola victoria contra o Atletico.
    Seguro que o millor do partido foi Mato.

    ResponderEliminar
  18. dani mato: o mellor

    ademáis é o máis guapo!!!!

    bikazos para él

    ResponderEliminar
  19. miligochiña31/3/08 14:29

    hay que pasar a filloa

    ResponderEliminar