lunes, abril 02, 2007

Nova equipación


Santiso seniors 06/07 (se pinchades sobre a foto podedes vela mellor ou baixala):
De pé, de esquerda a dereita: Juan (adestrador), Dani, José, Marcos (Ronaldo), Álvaro, Míchel (adestrador-xogador), Manuel, Tono, Manolo (Ronaldiño), Alberto (Monchito), Charly e Joserra.
Agachados, de esquerda a dereita: Luis Carlos (patrocinador), Alfonso, Fran, Micho, Sandá, Javi, Moncho e Fernando (presidente)
Como xa se deixaba caer nalgún comentario anterior, este ano estrenamos nova equipación. O patrocinador é Luis Carlos (o fillo de Eladio e pai do noso porteiro Charly e máis de Enri). Aínda que houbo distintas opinións en canto ás cores e demais, sempre apoiaremos calquera iniciativa que veña encamiñada a apoiar ó equipo, que non anda precisamente sobrado de pasta, como é de esperar. O feito de que chegara casi ó final da tempada e sen o escudo do Santiso serigrafiado, fixo que só se puidesen utilizar 2 ou 3 partidos. Esperamos que a tempada que ven se consigan moitos triunfos con elas.

1 comentario:

  1. Anónimo3/4/07 13:22

    Ai pero que juapiños todos! Que justo velos así tan uniformaditos e tan serios! Algúns botaremos de menos as cores da alma do equipo, e deste blog, pero bueno se é pola pasta, benvido sexa todo.
    Moito ánimo e noraboa polas fotos

    ResponderEliminar