lunes, octubre 23, 2006

6ª Xornada

A crónica
Non puido ser. Comentaba riki o outro día que ademais da rivalidade futbolística Santiso-Vilatuxe, tamén estaba a rivalidade, ben entendida, claro está, entre as bandas de música dos respectivos concellos. Pois despois do visto o domingo no campo da Ponte haberá que esperar que os nosos amigos da municipal de Villar de Ferreiros estean máis acertados coa tromba e o bombo do que estivemos co esférico.

0-3. Ese foi o doloroso resultado que de novo enterra ó santiso nos postos baixos da táboa. Non foi un partido desastroso, pero sí quedou claro dende o principio que o Vilatuxe con un equipo de máis talla física, máis pelexón, e tamén máis oportunista se ía levar o encontro. Esta vez nin o sistema táctico de Míchel deu resultado. O Santiso era incapaz de acercarse con perigo a portería rival; so algún tiro lonxano e xogadas a balón parado creaban algo de inquedanza. E así, nunha xogada na que o número 10 rival gañaba en velocidade á defensa local, entrando pola banda esquerda de ataque do Vilatuxe, chegaba o primeiro gol. Charly foi que de rechazar o tiro, pero non o posterior remate do dianteiro rival debaixo da portería. A segundo gol chegou tras unha falta que botaba o Vilatuxe casi desde o círculo central. Un centro templado e o dianteiro rematou entre dous defensas e o porteiro. Un tipo de acción na que teremos que estar máis atentos en sucesivos partidos. O cerre púxose xa na segunda metade, cun Santiso xa entregado.

Esperemos que este resultado sirva para facer reaccionar ó equipo. Seguro que o fará se sigue entrenando e traballando como ata agora. Temos que ter en conta, ademais que non puidemos contar con Alfonso no medio do campo e xa sabemos o que eso representa para o xogo do Santiso.

Non queda máis que agradecer o, esta vez numeroso, público que asistiu ó encontro e pedirlles que non desanimen e que sigan apoiando como o fixeron o domingo. Xogouse contra un dos equipos chamados a estar arriba na clasificación. Seguro que en vindeiros encontros volveremos ofrecer goles e victorias á nosa xente.

Xogador estrela
Nunha xornada na que o equipo, en xeral, estivo bastante gris, debemos destacar con xustiza a Moncho como un dos que máis gañas e empuxe físico aportou. Defendeu con acerto e sumouse ó ataque sempre que puiudo pola súa banda. Mesmo chegou a crear perigo cun lonxano tiro de falta "ó estilo Roberto Carlos" que tivo que sacar o porteiro visitante. Soubo conterse ademais
cando o árbitro lle mostrou a amarela e moitos apostaban por que non acabaría o partido. Esperemos que esas gañas súas contaxien ó resto do equipo o vindeiro domingo no que visitamos o campo do Estudiantil.

Anecdotario
Cando Luxemburgo chegou ó Madrid, unha das incorporacións estrela fora Patricia Teixeira. Unha nutricionista, de bastante bon ver, que se comentaba que fixera adelgazar a Ronaldo 6 kilos cos seus métodos. Non sabemos se Míchel se puxo en contacto con esta profesional, pero o caso é que 2 xogadores do equipo, dos que máis manteñen o tipo en canto a quilos se refire, chegaron ó vestiario con plátanos e mandarinas como todo o seu xantar. Eso sí, coméntase que a noite do sábado foi longa para eles e mesmo un chegou cunha gorra e un cinto femenino que causarían estragos no mesmo París. Xa se sabe... os xogadores sempre marcando tendencias.

Por outro lado, témoslle que pedir a José que ate ben as botas, para evitar que algunha volva a saír disparada como ocorreu nun saque de porta no que ninguén saiu ferido.

E para finalizar ¿Non se vos parecía a Melendi o porteiro do Vilatuxe? ¿Alguén lle preguntou polo chocolate que máis lle gusta?

6 comentarios:

  1. José Ramón De la Morena23/10/06 16:34

    Radiante exposición dunha crónica da que nos escapa nin detalle!
    Moito ánimo ao Santiso, que os santisenses queremos velo ben arriba.
    Por certo, eso de "se seguimos adestrando así..." é irónico ou é de veras.. jejejeje
    En fin, moita forza, que aínda estamos empezando!

    ResponderEliminar
  2. malachispa26/10/06 02:17

    Pero haber oh!!. Hai que recollerse màis cedo os sàbados cona. Probade a saìr os viernes. Creo que o alcalde està a trazar un novo plan estratèxico de saneamento da mocidade, que se basea esntre outras actividades de lecer en rozar corredoiras con tracciòn animal durante o tempo necesario para esquencer o licor cafè (tècnica esta que recolleu para sí na súa última viaxe a Guantànamo Pequeno). Non sufrades.

    ResponderEliminar
  3. Jajajajaa!!! Moi bo. Como o plan saia adiante máis dun vai coller rápido a forma. Ese si que vai ser un adestramento e non ir correr ás pistas da parcelaria da Cornella con Vitro!!

    ResponderEliminar
  4. Crazy in Santiso26/10/06 16:31

    Malachispa dixo:
    Amigo
    Mio
    Santiso
    Tiene
    Extraños
    Lugares

    Nom a explotaçao hidrogràfica descontrolada.
    Vota a Miro Pereira.

    ResponderEliminar
  5. Moi bo! Se o chegan a saber os de AMSTEL cóllente a tí e non ó porteiro de Malta.

    ResponderEliminar
  6. Leaving Santiso26/10/06 16:46

    Seica aquì non traballa ninguèn? O que estè ocioso que me veña axudar a arrincar esterco.

    ResponderEliminar