lunes, septiembre 25, 2006

2ª Xornada

A crónica
Derrota por 3-1 no campo do Piloño o que fai que o Santiso comparta a cola da clasificación co Prevediños (e o Piloño pase a liderar a clasificación). E eso que empezou ben o partido para o Santiso con un gol de Manuel nun excelente tiro desde fóra da área. Pero 2 minutos despois xa empataba o Piloño, tamén cun tiro lonxano. O segundo gol chegou despois dun barullo no área tras unha falta sacada desde o lateral.
Na segunda parte botámonos maís arriba coa esperanza de, alomenos, empatar o partido. Os cambios feitos por Juan déronlle un pouco máis de frescura o equipo, sobre todo Susín no medio do campo. Sen embargo poucas ocasións volveu haber tan claras como o arranque de Míchel (deses os que nos ten acostumbrados de vez en cando) na primeira metade. Así, cerca do final do partido o xogador nº 10 do Piloño (o mellos do equipo visitante cos seus centros e tiros) enganchou un fenomenal disparo cerca da escuadra que sorprendeu a Joserra.

Temos que mellorar físicamente e recuperar ós xogadores sancionados (tres esta xornada). Todos pensamos que coa axuda de Alfonso no medio do campo podemos sacar bos resultados.

A vindeira xornada hai duelo de colistas no que esperamos impoñernos na casa ó Prevediños para abandonar os últimos postos.

Xogador estrela
Sen dúbida Susín, que coa súa saída na segunda parte demostrou ter el sólo tanto físico e gañas como o resto do equipo xunto.

Anecdotario
Ouise por aí que había quen quería ir para Piloño por Silleda pasando polas Cruces... e outros que querían parar a tomar algo nun bar que hai nas cruces que ten unhas estrañas luces de colores.

4 comentarios:

  1. Ir por Silleda, e "arrodear" aljo de mais ou?
    Bueno a carretera ata ás Cruces, e un auténtico tramo de rallye, que mareo macho.
    E se por riba é domingo non che digo nada.
    Bueno a ir mellorando que o Santiso non pode estar tan abaixo.

    ResponderEliminar
  2. bueno, o que temos que pensar e xa no vindeiro domingo contra o prevediños, que seguro que na nosa casa e co noso publico, vamos a estrear o casilleiro de victorias. Como bon aficionado do Santiso, estou desexando ver ó equipo esta tempada cun novo e ilusionante proxecto, o cal temos que apoiar todos para que se consolide durante moito tempo. Felicidades a ese pedazo de lateral que temos (Sr.) por esa idea de crear esta web para disfrute de todos os aficionados do deporte rey. vemonos o domingo no campo...

    ResponderEliminar
  3. bretemanejra26/9/06 02:26

    temoslle que dar algo de tempo o equipo,porque chegou moita xente nova e ademais imos gañar forma segundo vaian pasando as xornadas.Ainda que para o santiso seria mellor xogar os sábados,"por iso de que os domingos son o dia do señor",bueno pouco a pouco.Ademais o novo adestrador estará ainda probando sistemas(ou sabe dios)pa que isto mellore.En fin FORZA SANTISO.Vemonos o domingo,un saudo meu e noraboa por esta páxina.

    ResponderEliminar
  4. joder aaaaa pacencia26/9/06 14:55

    Alucinante o recuncho de "anecdotario". Sería estupendo mantelo todas as xornadas. Claro que... tampouco estaría tan mal abrir outro que se chamase "vellas glorias afectadas polo saturday night". Ejem.... todos sabemos que a UD Santiso é un equipo baseado nos lazos de amistade dos seu plantel. Eses domingos de choiva acinados de a 5 nos coches dos xogadores son míticos!
    Ánimo, rapaces, que a afección está con vós!
    Noraboa ó Tono polo blog. Un xenio, si señor!
    P.D. Por certo, e ese novo adestrador, deseñador de proxectos e creador de ilusións??? Marabilla...

    ResponderEliminar